Johan Otto Wedberg
Johan Otto Wedberg, nado en Estocolmo o 31 de marzo de 1826 e finado na mesma cidade o 10 de febreiro de 1912, foi un xurista e numismático sueco, xuíz do Tribunal Supremo de Suecia (1877-1892) e presidente da Sociedade Numismática Sueca (1903-1906).[1]
![]() Johan Otto Wedberg nun debuxo a lapis de Ettan Lindeberg (ca. 1850) | |||||||||||
Biografía | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1826![]() | ||||||||||
Morte | 10 de febreiro de 1912 (85 anos)![]() | ||||||||||
Lugar de sepultura | Cemiterio Lidingö, Estocolmo. | ||||||||||
Cargos | |||||||||||
![]() Xuíz do Tribunal Supremo de Suecia | |||||||||||
Período | 1877 – 1892 | ||||||||||
Datos persoais | |||||||||||
País de nacionalidade | ![]() | ||||||||||
Educación | ![]() | ||||||||||
Actividade | |||||||||||
Ocupación | Xuíz e numismático. | ||||||||||
Membro de | |||||||||||
Familia | |||||||||||
Fillos | Birger Wedberg (1870-1945), xuíz. ![]() | ||||||||||
Lista
|
Traxectoria
editarFormación
editarWedberg iniciou os seus estudos superiores de Dereito en 1844 na Universidade de Uppsala. En 1846 superou o exame de habilitación para as oficinas de contabilidade pública e, finalmente, en 1848 superou as probas de acceso para a xudicatura.[1]
Carreira xurídica
editarLogo de traballar no Tribunal de Apelación de Svea e baixo a súa autoridade, foi nomeado presidente adxunto do Tribunal Supremo en 1861, asesor do Tribunal de Apelación en 1864 e secretario da Auditoría Xeral en 1867. Posteriormente foi membro da Oficina de Lexislación e do Comité de Nova Lexislación, e pasou a dirixir a Oficina de Lexislación en 1876. Tamén exerceu como xuíz o Tribunal Supremo entre 1877 e 1892.[1][2]
Numismático e erudito
editarParalelamente ao seu labor profesional, Wedberg foi un gran estudoso da numismática. Foi un dos fundadores da Sociedade Numismática Sueca, entidade que presidiu entre 1903 e 1906.[2][3][4] Tamén foi un asiduo colaborador durante os 15 primeiros números da revista desta sociedade, Numismatiska meddelanden, na que asinaba os seus artigos coas súas siglas, J.O.W.[5] Ademais, Wedberg foi conservador de moedas da Orde Masónica.[2]
A súa colección de moedas e de medallas suecas estaba composta por máis de 4.000 exemplares e, logo do seu falecemento, foi vendida en varias poxas entre os anos 1912 e 1913 organizadas pola compañía Appelgren.[5] Tamén foi moi destacable a súa biblioteca numismática.[2]
En recoñecemento da súa erudición, foi nomeado membro honorario da Academia de Letras, Historia e Antigüidades en 1885,[4] entidade á que o seu fillo, o xuíz Birger Wedberg, lle doou a súa correspondencia numismática en 1935.[2]
Johan Otto Wedberg finou en Estocolmo o 10 de febreiro de 1912,[2] e o seu corpo foi soterrado no cemiterio de Lidingö.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Westrin, Th. (1921). Páxina 972.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "J. O. Wedberg (1826 – 1912)". Riksarkivet.se
- ↑ "SNF:s ordföranden genom tiderna". Svenska Numismatiska Föreningen (Numismatik.se).
- ↑ 4,0 4,1 Westrin, Th. (1921). Páxina 973.
- ↑ 5,0 5,1 "Kända samlingar – Wedberg, Johan Otto (1826-1912)". Falcoin.se
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Westrin, Th. (1921). "Wedberg, Johan Otto". En Nordisk familjebok. Vol. 31. Páxinas 972-973.