Joaquim Pessoa
Joaquim Maria Pessoa, nado en Barreiro o 22 de febreiro de 1948 e finado o 17 de abril de 2023[1], coñecido por Joaquim Pessoa, foi un poeta, artista plástico, publicitario e estudoso da arte prehistórica portugués.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1948 ![]() Barreiro, Portugal ![]() |
Morte | 17 de abril de 2023 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta ![]() |
![]() ![]() |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Traxectoria
editarEntre 1988 e 1994 dirixiu a Sociedade Portuguesa de Autores. En colaboración con Luís Machado, organizou en 1983 o I Encontro Peninsular de Poesía, que reuniu prestixiosos nomes da poesía ibérica. Conta con máis de 600 recitais da súa poesía, realizados en Portugal e no estranxeiro. Foi director literario da Litexa Editora, director do periódico Poetas & Trovadores, colaborador das revistas Sílex e Vértice e do xornal A Bóla.
Foi un dos fundadores da cooperativa artística Toma Alí Disco, con Ary dos Santos, Fernando Tordo, Carlos Mendes, Paulo de Carvalho e Luiz Villas-Boas, entre outros.
Viu o seu nome nas rúas do Baixo da Banheira (concello da Moita) e no Poceirão (concello de Palmela).
Obra literaria
editar... xulgo que a poesía ten, tamén, a obrigación de palpar o mundo, de estar atenta aos síntomas e axudar ao diagnóstico.»[2]
Bibliografía
editarLibros publicados
editar- O Pássaro no Espelho, Moraes Editores (1975)
- Poemas de Perfil, edición do autor (1975)
- Amor Combate, Moraes Editores (1976)
- Canções de Ex-Cravo e Malviver, Moraes Editores (1977)
- Português Suave, Moraes Editores (1978)
- Os Dias da Serpente, Moraes Editores (1979; 2.ª edición 1980)
- Os Olhos de Isa, Moraes Editores (1980; 2.ª edición 1981)
- O Livro da Noite (Premio de Poesia da Associação Portuguesa de Escritores e da Secretaria de Estado da Cultura), Moraes Editores (1981)
- O Amor Infinito (Premio de Literatura António Nobre), Moraes Editores (1982)
- 125 Poemas – Antologia Poética, Litexa Editora (198?)
- Caderno de Exorcismos, en colaboración con Graça Castro, Moraes Editores (1983)
- A Assembleia dos Pássaros e Outras Histórias – Poemas para Crianças, Moraes Editores (1983)
- Paiol de Pólen, Círculo de Leitores (1983)
- Os Olhos de Isa, edición especial, Litexa Editora (1983)
- Fly, Litexa Editora (1983; 2.ª edición 1985)
- Sonetos Perversos, Litexa Editora (1984)
- Os Herdeiros do Vento – Antologia Apócrifa, Litexa Editora (1984)
- Antologia Poética, org. de Edilberto Coutinho, São Paulo, Brasil (1985)
- Amor Combate (Poesia 1975/1980), Litexa Editora (1985)
- Peixe Náufrago. Litexa Editora (1985)
- Mas, Litexa Editora (1987)
- Por Outras Palavras (Premio de Poesía Cidade de Almada), Litexa Editora (1990)
- À Mesa do Amor, Átrio Editora (1994)
- À Mesa do Amor (edición especial, ilustrada por Isabel Mendes Ferreira), Litexa Editora (1994)
- Vou-me Embora de Mim, Hugin Editores (2000) e Litexa Editora (2.ª edición, 2002)
- Obra Poética, Litexa Editora (vol. 1, 2001; vol. 2, 2001; vol. 3, 2002)
- Nomes, Litexa Editora (2003)
- Vou-me Embora de Mim e Poemas Escolhidos (org. e prefacio de Kopyl Vadim), Ed. Alexandria, San Petersburgo, Rusia (2007)
- O Pouco É para Ontem, Litexa Editora (2008)
- Sonetos eróticos & irónicos & sarcásticos & satíricos & de amor & desamor & de bem & e de maldizer do poeta Joaquim Pessoa, Litexa Editora (2008)
- Ano Comum, Litexa Editora (2011)
- Os Dias Não Andam Satisfeitos, Edições Esgotadas (marzo de 2017)
Como tradutor/adaptador
editar- "Carmen", en colaboración con José Jorge Letria e Luís Machado, Hugin Editores (1998)
Poesía gravada en disco
editar- "Português Suave", Rossil, 1980
- "A Arte do Coração", Edições Sassetti, 1982
Poeta de cancións
editar«Máis do 90% dos textos desas cancións son poemas de libros meus que foron musicados e cantados» Joaquim Persoa, en entrevista publicada no libro Poetas Visitados, de Maria Augusta Silva, p. 197, Edicións Caixotim, Lisboa, 2004.
Foron os compositores e cantantes que o levaron ao coñecemento do grande público, musicando e interpretando poemas seus. Nas palabras de David Mourão-Ferreira, Joaquim Pessoa tivo "un papel moi importante no movemento renovador da canción portuguesa". Tendo como temáticas máis destacadas Lisboa, o amor, a liberdade e as desigualdades sociais, os seus poemas foron palabra de moitos éxitos musicais, musicados e cantados, entre outros, por:
- Carlos do Carmo – "Cantiga de Maio"
- Carlos Mendes – "Lisboa, meu amor", "Amélia dos olhos doces", "Alcácer que vier" e todas as cancións dos a´lbums "Amor Combate", "Canções de Ex-Cravo e Malviver" e do álbum infantil "Jardim Jaleco", considerado pola crítica o mellor traballo poético musical realizado en Portugal para nenos.
- Clara Ghimel (Brasil) – "Canção de estar em terra"
- Fernando Tordo – "Assim como quem morre", "Canto de passagem", "Tordesilhas"
- Jorge Palma – "Mar português"
- José Mário Branco – "Negreiro"
- Kátia Guerreiro – "Talvez não saibas"
- Lúcia Moniz – "Canção de Amor do Marinheiro"
- Manuel Freire – "Gaivota Portuguesa"
- Nuno Nazareth Fernandes – "Nasceu a primeira mulata"
- Paco Bandeira – "Meridional", "Pintores", "Pedro d'Além", "Náufrago"
- Paulo de Carvalho – "Amor sem palavras", "Onde é que tu moras?", "Lisboa, menina e moça" (os dous últimos tamén gravados por Carlos do Carmo)
- Rui Veloso –"Desconversar" (gravado tamén por Fernando Pereira)
- Samuel – "Carta do velho Gil Eanes", "Canção do convés"
- Tatiana Pavlova (Rússia) – "Nos olhos de Isa", "Eu cantaria mesmo que tu não existisses"
- Tonicha – todas as canções do álbum "Ela por Ela"
- Tozé Brito – "Canção da alegria"
- Vitorino Salomé – "O sonho de Colombo"
- Carlos Mendes, Fernando Tordo e Paulo de Carvalho – "Os operários do Natal", en colaboración con Ary dos Santos
Notas
editar- ↑ "Poeta Joaquim Pessoa morre aos 75 anos, vítima de doença prolongada". 17/04/2023. Consultado o 22/04/2023.
- ↑ Joaquim Persoa, en entrevista publicada no libro Poetas Visitados, de Maria Augusta Silva, p. 194, Edicións Caixotim, Lisboa, 2004.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Simon, Robert (2008): Understanding the Portuguese Poet Joaquim Pessoa – A Study in Iberian Cultural Hybridity, , The Edwin Mellen Press, Nova York.