Joaquín R. Rodríguez
Joaquín R. Rodríguez, nado no Porriño e finado en Buenos Aires o 6 de agosto de 1952, foi un xornalista e político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | O Porriño, España ![]() |
Morte | 6 de agosto de 1952 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor ![]() |
Traxectoria
editarEmigrou á Arxentina. Foi un dos fundadores da Sociedad Fomento de Porriño y su distrito, da que foi presidente e director do seu boletín. Tamén foi membro da Agrupación Artística Gallega e directivo do Centro Galego de Buenos Aires. Escritor de relatos, colaborou en El Agrario, Correo de Galicia, Vida Gallega e nas revistas arxentinas El Hogar e Novela Semanal. Foi membro da comisión de prensa e secretario xeral do Hogar Gallego e colaborou no seu boletín. Visitou O Porriño en 1933 onde foi obxecto dunha homenaxe organizada pola Federación Municipal Agraria.[1] Finou en Buenos Aires o 6 de agosto de 1952.
Vida persoal
editarCasou en Buenos Aires con María Carretero en 1919.[2]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Xiráldez, Xosé (1994). "Tres porriñeses en Buenos Aires". O Tranvía (10): 30.