Joaquín Otero Bárcena
Joaquín Otero Bárcena de la Concha, nado en Santiago de Compostela o 21 de abril de 1874 e finado en Madrid o 6 de abril de 1956, foi un avogado e político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1874 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 6 de abril de 1956 ![]() Madrid, España ![]() |
![]() | |
Gobernador civil da provincia de Cidade Real | |
Gobernador civil da provincia de Zaragoza | |
Gobernador civil da provincia de Huesca | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político ![]() |
Familia | |
Fillos | Joaquín Otero Goyanes ![]() |
Irmáns | Manuel Otero Bárcena ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Joaquín Otero Mariño, señor do Pazo de Bouza en Valga, señor da casa de Otero en Ribeira, e señor das illas de Sálvora, Vionta e Noro (Ría de Arousa) e Concepción Bárcena de la Concha. Herdou estes dous últimos títulos do seu pai.
Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e destacou como político durante o reinado de Afonso XIII, foi deputado provincial de Muros-Noia, gobernador civil de Huesca (1913-1914), Zaragoza e Cidade Real. Foi Xentilhome de cámara con exercicio do rei Afonso XIII. Foi tamén un importante empresario. Finou en Madrid o 6 de abril de 1956.[1]
Vida persoal
editarCasou con María de la Purificación Goyanes Cedrón e foi pai de Joaquín Otero Goyanes.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Somoza, Juan Ramón (1915). Semblanzas. Lugo: Gerardo Castro. pp. 27–28. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2024. Consultado o 31 de maio de 2024.