Joaquín Iglesias Cabana
Joaquín Iglesias Cabana, nado na Coruña cara a 1892 e finado no mesmo concello o 16 de setembro de 1936, foi un tipógrafo e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1892 A Coruña, España |
Morte | 16 de setembro de 1936 (43/44 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | tipógrafo, político |
Traxectoria
editarTipógrafo. Foi reelixido presidente da Juventud Socialista Ferrolana en maio de 1919.[1] Membro da UGT e dirixente da Agrupación Socialista da Coruña da que foi secretario en 1929,[2] reelixido o 26 de xaneiro de 1930 e novamente reelixido o 26 de febreiro de 1931. En marzo de 1931 foi elixido candidato para as eleccións municipais.[3] En maio de 1935 foi elixido secretario xeral do Comité da Federación socialista coruñesa.[4] Participou na fundación da sociedade Liga de Inquilinos de La Coruña en 1932, da que foi elixido vogal e foi presidente da xunta directiva fundadora da Cooperativa Española de Casas Baratas Pablo Iglesias da Coruña en maio de 1933. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado no distrito coruñés o 16 de setembro con Manuel Andrade Deibe, Pedro Galán Calvete e José Manuel Álvarez Álvarez.
Vida persoal
editarCasou con Celia Seoane.