Joaquín Álvarez Lores
Joaquín Álvarez Lores, nado no Grove en 1898 e finado no mesmo concello o 29 de agosto de 1981, foi un industrial conserveiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1898 ![]() O Grove, España ![]() |
Morte | 29 de agosto de 1981 ![]() O Grove, España ![]() |
![]() | |
1940 – 1941 | |
![]() | |
13 de outubro de 1934 – 1936 ← José Besada Domínguez – José Besada Domínguez → | |
![]() | |
13 de novembro de 1923 – 1929 – Francisco Otero Goday → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Familia | |
Fillos | Xoaquín Álvarez Corbacho ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Eloy Álvarez Benavides e neto de Joaquín Álvarez Vidal. Perito agrícola, foi o líder dos agrarios do Grove no principio dos anos vinte. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro e elixido alcalde o 13 de novembro de 1923, permanecendo no cargo durante todo o período. Na Segunda República afiliouse ao Partido Radical, foi nomeado concelleiro logo da folga xeral revolucionaria de 1934 e elixido alcalde o 13 de outubro de 1934.[1] Afiliado a Falange Española Tradicionalista y de las JONS e á Garda Cívica, volveu ser nomeado alcalde do Grove en 1940.
Vida persoal
editarFoi pai de María Eloísa, Antonio e Xoaquín Álvarez Corbacho.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Mascato, Antón (2019). Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948). Santiago de Compostela: Positivas. pp. 27–32. ISBN 978-84-120184-6-2.
Ligazóns externas
editar
Predecesor: Jesús Torres Torres |
Alcalde do Grove 1923 - 1929 |
Sucesor: Francisco Otero Goday |
Predecesor: José Besada Domínguez |
Alcalde do Grove 1934 - 1936 |
Sucesor: José Besada Domínguez |
Predecesor: Marcelino Aguiño García |
Alcalde do Grove 1940 - 1941 |
Sucesor: Ricardo Pérez Raimúndez |