Jo Jo White
Joseph Henry "Jo Jo" White, nado o 16 de novembro de 1946 en St. Louis, Missouri e finado na cidade de Boston o 16 de xaneiro de 2018 foi un antigo xogador de baloncesto profesional estadounidense da NBA.
Traxectoria
editarWhite xogou ao baloncesto na Universidade de Kansas antes de participar coa súa selección nos Xogos Olímpicos de México 1968, gañando a medalla de ouro. No Draft de 1969 foi seleccionado na novena posición por Boston Celtics, equipo que por entón viña xustamente de gañar once aneis en trece anos. Con todo, antes de que White debutase coa verde dos Celtics, o lendario pivote Bill Russell anunciaba a súa retirada. White foi un xogador de baloncesto "iron-man", disputando os 82 partidos da liga regular durante cinco campañas consecutivas nos anos 70. White era un gran defensor, rápido e decente tirador, ademais de ser o líder do seu equipo.
En 1970 os Celtics finalizaron con balance negativo por primeira vez desde 1951, asinando un 34-48. Pero con White liderando ao equipo desde a posición de base, os Celtics regresaron rapidamente ao camiño da vitoria en 1971. White foi seleccionado para xogar o All-Star Game desde 1971 até 1977 e finalizou entre o dez mellores en asistencias por partido desde 1973 até 1977. En 1974 e 1976, White axudou ao equipo ha gañar o campionato da NBA, sendo nomeado MVP das Finais de 1976. Foi traspasado a Golden State Warriors en 1979, e en 1981 retirouse do baloncesto profesional. O 9 de abril de 1982, os Celtics retiraron o seu dorsal 10.
Quizais o mellor partido na carreira de White foi o quinto encontro entre os Celtics e Phoenix Suns das Finais da NBA de 1976, que se decidiu en tres prórrogas cun White espectacular anotando 33 puntos e repartindo 9 asistencias, liderando a vitoria de Boston por 128-126. Xogando 60 minutos, só Garfield Heard, dos Suns, con 61 minutos, xogou máis que el. Para moitos, este foi o mellor partido da historia da NBA. O fillo de Jo Jo White, chamado Brian J. White, é actor.
Logros persoais
editar- Elixido en sete ocasións para o All-Star Game
- MVP das Finais de 1976.
- Elixido no mellor quinteto de rookies en 1970.
- Elixido en dúas ocasións no segundo mellor equipo da liga.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Estatísticas de Jo Jo White Arquivado 15 de setembro de 2010 en Wayback Machine.