João Pessoa
João Pessoa é a capital do estado brasileiro da Paraíba. Sitúase xunto ó océano Atlántico, no punto extremo leste de América do Sur, a ponta do Seixas, a 34º 45' 54" de lonxitude oeste.
Himno | Hino do município de João Pessoa (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | João Pessoa Cavalcanti de Albuquerque (pt) ![]() ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Paraíba ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 833.932 (2022) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 211,475 km² ![]() | ||||
Altitude | 40 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1585 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Prefeito (pt) ![]() ![]() | Cícero Lucena (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Câmara Municipal de João Pessoa (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2017–) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 58000-001 58099-999 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 083 ![]() | ||||
Código de concello do Brasil | 2507507 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Ovar (1996–) ![]() | ||||
Sitio web | joaopessoa.pb.gov.br ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/0f/Jo%C3%A3o-Pessoa-Tamba%C3%BA-Bessa.jpg/250px-Jo%C3%A3o-Pessoa-Tamba%C3%BA-Bessa.jpg)
Hoxe a cidade vive do turismo nas súas praias e construcións coloniais, xunto co comercio de artesanías, o comercio en xeral (é a principal cidade comercial da Paraíba e unha das principais da Rexión Nordeste do Brasil), a industria (principalmente alimentos, bebidas e metalurxía), a construción civil e as actividades administrativas dunha capital de estado.
É sede dunha importante universidade brasileira, a Universidade Federal da Paraíba (UFPB) e dalgunhas institucións de ensino superior privadas, que atraen estudantes do estado e de estados veciños.
Historia
editarUnha das cidades máis antigas do Brasil, foi fundada en 5 de agosto de 1585 co nome de Nossa Senhora das Neves, e despois, nunha homenaxe ó rei Filipe II de España pasou a chamarse Filipéia de Nossa Senhora das Neves. Cando estivo baixo o dominio holandés cambiou o seu nome por Frederikstadt, pero cando retornou ó dominio de Portugal despois de que este recuperou a súa soberanía, volveu a chamarse Nossa Senhora das Neves ata 1817, cando foi rebautizada como Parahyba, nunha homenaxe á entón capitanía da Parahyba, da cal tornouse capital. Este nome permaneceu despois de que o Brasil se independizara (en 1822) e que se convertera nunha república, en 1889.
O nome actual, João Pessoa, foi adoptado nunha homenaxe ao entón presidente da provincia da Parahyba, o político João Pessoa, despois do seu asasinato en 1930.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: João Pessoa |