João Gonçalves Zarco
João Gonçalves Zarco, nado en Tomar ou Leça da Palmeira en 1394 e finado en Funchal o 21 de novembro de 1471[1], foi un navegante, explorador e fidalgo portugués da Casa de Henrique, duque de Viseu.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1390 ![]() Reino de Portugal ![]() |
Morte | 1471 (Gregoriano) ![]() Funchal, Portugal ![]() |
Actividade | |
Ocupación | explorador ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Constança Rodrigues ![]() |
Fillos | Rui Gonçalves da Câmara ![]() |
![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/1/16/Funchal_statue_Zarco.jpg/200px-Funchal_statue_Zarco.jpg)
Traxectoria
editarComandante de carabelas, descubriu a illa de Porto Santo en 1418 xunto con Tristão Vaz Teixeira e despois a illa de Madeira con Bartolomeu Perestrelo en 1419. Foi o primeiro Capitán Donatário de Funchal ata a súa morte. En 1437 participa na tentativa fallada de conquistar Tánxer, onde foi armado cabaleiro. A 4 de xullo de 1460, por concesión de Afonso V, Zarco pasou a ostentar o apelido Cámara, derivado de Câmara de Lobos, designación atribuída polo navegador a un lugar da Illa de Madeira onde descubriu gran cantidade destes animais.
Notas
editar- ↑ Tombo 1º do registo geral da Câmara Municipal do Funchal