Jesus Mari Larrazabal

político español

Jesus Mari Larrazabal Antia, nado en Zumaia, provincia de Guipúscoa, en 1948 e finado o 29 de xuño de 2021,[1] foi un filósofo e político vasco de ideoloxía abertzale.

Modelo:BiografíaJesus Mari Larrazabal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1948 Editar o valor en Wikidata
Zumaia, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xuño de 2021 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Causa da morteLewy body dementia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento do País Vasco
3 de abril de 2009 – 30 de xuño de 2010 – Juanjo Agirrezabala Mantxola (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Donostia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprofesor universitario, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade do País Vasco Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEusko Alkartasuna
Langile Abertzale Iraultzaileen Alderdia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Inguma: jesus-mari-larrazabal-antia BNE: XX1057481 Dialnet: 95571

Era doutor en Filosofía, cun máster de Lóxica e licenciado en Ciencias Económicas e é catedrático de lóxica da Universidade do País Vasco.

Foi parlamentario por Eusko Alkartasuna desde abril de 2009 até xuño de 2010, sendo voceiro na Xunta de Voceiros, vogal nas comisións de Institucións, Interior e Xustiza; Industria, Innovación, Comercio e Turismo; Medio Ambiente, Planificación Territorial, Agricultura e Pesca; Incompatibilidades; Control de Gastos Reservados e Vicepresidente da de Educación.

Dimitiu do seu cargo como parlamentario en xuño de 2010 por problemas de saúde, ao serlle diagnosticada unha doenza cardíaca pola que se lle recomendaba gardar repouso.[2]

Foi membro de Amnistía Internacional e de Intermon Oxfam.