Jesús Soria
Jesús Soria González, nado en Avilés o 15 de abril de 1881[1] e finado en Ourense en xaneiro de 1951[2], foi un pintor, profesor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1881 ![]() Avilés, España ![]() |
Morte | xaneiro de 1951 ![]() Ourense, España ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense ![]() |
![]() | |
1930 – 1930 ← Marcial Ginzo Soto – Marcial Ginzo Soto → ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Escola de Artes e Oficios de Avilés ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, pintor, profesor de ensino secundario ![]() |
Traxectoria
editarFillo do pintor Policarpo Soria Álvarez. Estudou na Escola de Artes e Oficios de Avilés e trasladouse a Madrid en 1899 co seu irmán Nicolás. Estudou na Escola Especial de Pintura, Escultura e Grabado de Madrid. Participou en varias Exposicións Nacionais de Belas Artes de Madrid e nas Exposicións de Artistas Avilesinos de 1922 e 1924. Foi profesor de debuxo do Instituto de Ourense dende 1906, do foi catedrático e vicedirector. Tamén impartiu clase na Escola Normal de Maxisterio e foi presidente da Xunta Provincial de Primeira Ensinanza. Ao rematar a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Ourense (1930).
Predecesor: Marcial Ginzo Soto |
Alcalde de Ourense 1930 |
Sucesor: Marcial Ginzo Soto |
Vida persoal
editarCasou en 1911 con Pilar González Palacios.
Notas
editar- ↑ La Región, 9-5-1951, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 21-1-1959, p. 11.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jesús Soria |
- Mural modernista. Jesús Soria Arquivado 13 de xullo de 2013 en Wayback Machine.