Jesús González Tutor
Jesús González Tutor, nado en Madrid en 1943[1] e finado en Valdoviño o 31 de xaneiro de 2008, foi un médico e político galego e madrileño do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1943 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 31 de xaneiro de 2008 ![]() Valdoviño, España ![]() |
![]() | |
1983 – 1987 ← Manuel Villarnovo Martínez – Miguel Ángel Pérez Quintela → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | cardiólogo, político ![]() |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia ![]() |
Traxectoria
editarLicenliado en Medicina e especializado en Cardioloxía. En 1980 trasladouse a Valdoviño coa súa familia, ocupando unha praza na unidade de coidados intensivos do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. Nas eleccións municipais de 1983 foi candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Valdoviño logrando a vitoria cun 48% dos votos, ó bordo da maioría absoluta, e sendo elixido como cabeza da lista máis votada. Durante o seu mandato compaxinou a alcaldía co seu traballo no hospital, logrando numerosos avances en materia de infraestruturas e demais equipamentos, coma o centro de saúde[2]. Non se presentou á reelección nas municipais de 1987, concorrendo no undécimo posto da candidatura socialista[3] e retirándose da política, centrándose dende entón no seu traballo como médico no hospital.
Predecesor: Manuel Villarnovo Martínez |
Alcalde de Valdoviño 1983 - 1987 |
Sucesor: Miguel Ángel Pérez Quintela |
Vida persoal
editarEstaba casado e tiña dous fillos, despois de divorciarse casou de novo e tivo dúas fillas. Amante da costa galega, adoitaba veranear na zona de Estaca de Bares, ata que descubreu Valdoviño e decideu establecerse alí en 1980 tras solicitar unha praza no hospital ferrolán Arquitecto Marcide[4]. Finou o 31 de xaneiro de 2008[5].
Notas
editar- ↑ Entrevista en La Voz de Galicia, Ferrol, 18-7-1993, p.45.
- ↑ Entrevista en La Voz de Galicia, Ferrol, 18-7-1993, p.45.
- ↑ La Voz de Galicia, Ferrol, 13-5-1987, p.39.
- ↑ Entrevista en La Voz de Galicia, Ferrol, 18-7-1993, p.45.
- ↑ Fallece Jesús González Tutor, el segundo alcalde de Valdoviño en la democracia