Jesé Rodríguez
Jesé Rodríguez Ruiz nado nas Palmas de Gran Canaria (España), o 26 de febreiro de 1993. É un xogador profesional de fútbol que xoga cedido no Real Betis Balompié da Liga Santander de España.
![]() (2012) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de febreiro de 1993 ![]() As Palmas de Gran Canaria, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Jesé Rodríguez ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 73 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, rapeiro, político ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 16 de xaneiro de 2011 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Instrumento | Voz ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Premier League ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo e dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 20 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Os seus inicios como xogador iniciáronse na canteira do Real Madrid dende a categoría infantil até o seu equipo filial. Con este último disputou dúas temporadas. O seu debut co primeiro equipo nun partido oficial chegaría o 13 de decembro de 2011 con só 18 anos,[1] polo que na temporada seguinte pasaría a formar parte da escuadra do primeiro equipo do club.[2] No verán de 2016, Jesé é traspasado ó París Saint-Germain por unha cantidade de 25 millóns de euros.[3] Entre xaneiro e xuño do 2017, o xogador foi cedido polo club francés á U.D. Las Palmas.
Como futbolista internacional español, recaeu en todas as categorías base da Selección Española, nesta disputou un total de 36 partidos e anotou 16 goles. Tamén logrou o segundo posto no campionato europeo sub-17 e proclamouse campión de Europa sub-19 no 2012.
Traxectoria
editarCategorías inferiores
editarJesé deu os seus primeiros pasos futbolísticos na súa cidade natal, nunha academia de Veteranos do Pilar Club de Fútbol e na Asociación Deportiva Huracán antes de iniciar o seu camiño nas categorías base do Real Madrid Club de Fútbol. Ingresou no club branco no ano 2007 con 14 anos, progresando en liña ascendente até chegar ó primeiro equipo xuvenil.
Na temporada comprendida entre o ano 2010/11, Jesé anotou 18 goles, valéndolle isto para ascender de forma directa ó Real Madrid Castilla Club de Fútbol, filial do club, consagrándose como unha das grandes promesas da canteira branca.
Real Madrid Castilla Club de Fútbol
editarSendo aínda xuvenil, o 16 de xaneiro de 2011 debutou co Real Madrid Castilla Club de Fútbol na 2.ª División "B" ,cunha vitoria por 5-0 contra a Universidade das Palmas C.F. Despois dunha temporada co Real Madrid Xuvenil, onde anotou 17 goles, ascendeu ó primeiro equipo filial.
Jesé anotou o seu primeiro gol oficial no Castilla o 2 de outubro de 2011 contra La Roda C.F., tras unha asistencia de Álvaro Morata, converténdose nunha peza clave do equipo que remataría en terceira posición e clasificándose para xogar a promoción de ascenso a Segunda División despois de levar 4 anos en 2ºB sen lograr o cometido. Nesta, o equipo foi eliminado polo C.D Alcoyano, tras perder por 0-2 no Estadio Santiago Bernabéu e empatar a dous goles no partido de volta disputado en Alcoi.
A temporada seguinte, logrou o ascenso a Segunda División despois de 5 anos, tras vencer por unha goleada ó Cádiz C.F. Na ida o equipo branco logrou unha vitoria por 0-3, completándose no partido de volta no Estadio Alfredo Di Stéfano con outro triunfo por 5-1.
Na temporada 2012/13 debutou na Segunda División na primeira xornada fronte ó Villarreal C.F.. Jesé rematou a temporada con 22 tantos. Así, converteuse no máximo goleador da historia do filial branco, anotando un gol máis que Emilio Butragueño na campaña 1983/84.
Real Madrid C.F.
editarNo verán do 2011, o xogador realizou a pretemporada co primeiro equipo, asistindo á xira americana e xogando contra Los Ángeles Galaxy.
O debut en partido oficial tivo lugar con José Mourinho de adestrador en decembro dese mesmo ano, na Copa do Rei ante a Sociedade Deportiva Ponferradina en Ponferrada. Entrou ó terreo de xogo no minuto 77' substituíndo a Cristiano Ronaldo. Seis días antes do seu debut, foi convocado por primeira vez nun partido oficial co primeiro equipo, para un partido de Liga de Campións contra o Amsterdamsche Football Club Ajax, pero non chegou a disputar ningún minuto.
O 24 de marzo de 2012 debutou en Liga, xogando os últimos dez minutos fronte a Real Sociedad que rematou cunha vitoria por 5-1.
En xulio de 2013, Jesé renovou co primeiro equipo por catro temporadas pasando a ser membro en todos os aspectos del.
. Como tal, o 22 de agosto anotou os seus primeiros goles ante o Al-Sadd Sports Club, nun partido homenaxe a Raúl González Blanco polo Trofeo Santiago Bernabéu.
O 2 de outubro de 2013, debutou como local na Liga de Campións da UEFA nun partido ante o Football Club København. Entrou substituíndo a Karim Benzema nun partido que rematou co triunfo madrileño por 4-0.
O primeiro gol oficial co Real Madrid foi o 26 de outubro de 2013 no Camp Nou fronte ó Fútbol Club Barcelona. O xogador branco fixo gañar ó seu equipo por 1-2.
O 18 de marzo de 2014, sufriu no inicio dun partido de Champións unha rotura completa de ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito que o apartou dos terreos de xogo durante 8 meses. O seu regreso foi o 2 de decembro na Copa do Rei fronte á Unió Esportiva Córnellà, anotando un dos cinco goles.
París Saint-Germain F. C.
editarO 8 de agosto de 2016, Jesé uniuse ó París Saint Germain Football Club por un contrato de cinco anos. O seu primeiro tanto co conxunto parisiense anotouno dende o punto de penalti, o 19 de novembro na vitoria por 2-0 sobre o Football Club de Nantes. Con moi pouca participación no PSG, Unai Emery, o adestrador, anunciaba a saída do xogador no mercado de inverno.
U. D. Las Palmas
editarTras numerosas ofertas, recaeu na UD Las Palmas, club da súa cidade natal, por desexo del. Chegou ó club canario cedido até xuño de 2017. O 5 de marzo marca os seus primeiros goles co club fronte ó Osasuna. En xuño de 2017, a directiva decide prescindir del para a temporada seguinte debido ó seu "baixo rendemento". Así pois, volveu á disciplina do PSG.
Stoke City
editarO 18 de agosto de 2017 foi cedido por unha temporada ó Stoke City. O 1 de maio de 2018 o club inglés daba por finalizada dita cesión tras só 13 partidos e un gol debido ós reiterados permisos que concederon ó xogador a causa da enfermidade do seu fillo máis pequeno.
Real Betis
editarO 29 de xaneiro fíxose oficial a súa fichaxe polo Real Betis Balompié en calidade de cedido. O 10 de marzo de 2019, con esforzo e dedicación, conseguiu o seu primeiro gol, dándolle os tres puntos ó Real Betis ante o Celta de Vigo en Balaídos.
Selección nacional
editarCategorías inferiores
editarJesé debutou coa Selección sub-16 en 2009. Un ano máis trade coa sub-17, alcanzou a final no Europeo da UEFA onde quedou subcampión.
Coa Selección sub-19 proclamouse campión do Europeo de 2012 de Estonia. Foi nomeado mellor xogador da final e fíxose coa Bota de ouro do campionato con cinco goles. O primeiro deles anotouno ante Grecia na fase de grupos, un triplete ante Portugal e o quinto, o decisivo gol que lle deu a vitoria ó combinado español na final fronte a Grecia.
Durante o verán de 2013, o xogador formou parte da Selección sub-21 no Mundial celebrado en Turquía. Na fase de grupos foi un dos máis destacados e a maiores anotando dous tantos. Rematou o campionato con cinco goles polo que recibiu a Bota de bronce do torneo.
As súas actuacións servíronlle para ser convocado coa sub-21, debutando o 5 de setembro de 2013 fronte á selección austríaca. O xogador foi o autor do sexto gol do equipo na vitoria por 2-6 para a clasificación da Eurocopa sub-21 de 2015 na República Checa, competición que non se disputou ó non lograr o pase á fase final.
Selección absoluta
editarCoincidindo co seu mellor momento profesional, especulouse coa súa posible convocatoria coa Selección Española en 2014. Porén, unha lesión impediu que se producise dita citación.
Palmarés
editarCampionatos nacionais
editarTítulo | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Segunda División “B” | Real Madrid Castilla | España | 2012 |
Copa de Campión de Segunda B | Real Madrid Castilla | España | 2012 |
Liga de España | Real Madrid C.F. | España | 2012 |
Supercopa de España | Real Madrid C.F. | España | 2012 |
Copa do Rei | Real Madrid C.F. | España | 2014 |
Copa da Liga de Francia | París Saint-Germain | Francia | 2017 |
Supercopa de Francia | París Saint-Germain | Francia | 2017 |
Supercopa de Francia | París Saint-Germain | Francia | 2018 |
Campionatos internacionais
editarTítulo | Selección | Sede | Ano |
---|---|---|---|
Europeo Sub-19 | España (sub-19) | Estonia | 2012 |
Título | Club | Sede | Ano |
Liga de Campións | Real Madrid C.F. | Lisboa | 2014 |
Supercopa de Europa | Real Madrid C.F. | Cardiff | 2014 |
Copa Mundial de Clubs | Real Madrid C.F. | Marrocos | 2014 |
Liga de Campións | Real Madrid C.F. | Milán | 2016 |
Premios individuais
editarDistinción | Anos |
---|---|
Once de Bronce de Fútbol Draft | 2011,2012,2013 |
Once de Ouro de Fútbol Draft | 2014 |
Bota de Ouro da Eurocopa Sub-19 | 2012 |
2º máximo goleador de Segunda Divisón | 2013 |
Trofeo Zarra de Segunda División | 2013 |
Mellor xogador do partido USA-ESP Mundial Sub-20 | 2013 |
Mellor xogador do partido ESP-GHA Mundial Sub-20 | 2013 |
Mellor xogador do partido ESP-FRA Mundial Sub-20 | 2013 |
Bota de Bronce da Copa Mundial de Fútbol Sub-20 | 2013 |
Estadísticas
editarTemporada | Equipo | Partidos | Goles/Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
2018/2019 | Betis | 7 | 0,14 | 1 |
2018/2019 | PSG | 0 | 0 | 0 |
2017/2018 | Stoke City | 13 | 0,08 | 1 |
2017/2018 | PSG | 0 | 0 | 0 |
2016/2017 | Las Palmas | 16 | 0,19 | 3 |
2016/2017 | PSG | 13 | 0,08 | 1 |
2015/2016 | Real Madrid | 38 | 0,16 | 6 |
2014/2015 | Real Madrid | 23 | 0,17 | 4 |
2013/2014 | Real Madrid | 31 | 0,26 | 8 |
2012/2013 | RM Castilla | 38 | 0,58 | 22 |
2012/2013 | Real Madrid | 0 | 0 | 0 |
2011/2012 | RM Castilla | 39 | 0,26 | 10 |
2011/2012 | Real Madrid | 2 | 0 | 0 |
2010/2011 | RM Castillas | 3 | 0 | 0 |
Notas
editar- ↑ Marca.com. "Jesé, un sueño cumplido". Consultado o 13 de decembro de 2011.
- ↑ Marca.com. "Ancelotti bendice a Morata y Jesé". Consultado o 20 de xuño de 2013.
- ↑ Marca.com. "Jesé, la venta más cara de La Fábrica". Consultado o 2 de agosto de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jesé Rodríguez |
Ligazóns externas
editar- Jesé Rodríguez en Twitter
- Jesé Rodríguez en Facebook
- Jey M en Instagram
- Big Flow en Twitter
- Ficha oficial de Jesé Rodríguez no París Saint-Germain
- Ficha oficial de Jesé Rodríguez na Ligue 1
- Ficha oficial de Jesé Rodríguez Arquivado 29 de maio de 2019 en Wayback Machine. na UEFA
- Ficha oficial de Jesé Rodríguez Arquivado 17 de abril de 2019 en Wayback Machine. na FIFA