Jerry Seinfeld
Jerome Allen "Jerry" Seinfeld[1] (nado o 29 de abril de 1954, Brooklyn, Nova York), é un comediante en vivo, actor e escritor estadounidense. Lembrado pola súa participación na serie de comedia para televisión Seinfeld, transmitida de 1989 ata o 1998.
![]() (2016) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Jerry Allen Seinfeld ![]() 29 de abril de 1954 ![]() Brooklyn (Estados Unidos de América) ![]() |
Relixión | Xudaísmo ![]() |
Educación | Queens College State University of New York at Oswego (pt) ![]() Massapequa High School (en) ![]() ![]() |
Lateralidade | manicho ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación, Comedia de situación e actividade literaria ![]() |
Ocupación | monologuista ![]() |
Período de actividade | 1980 ![]() |
Partido político | político independente ![]() |
Patrimonio estimado | 8.000.000 $ (2015) ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Jessica Seinfeld (1998–) ![]() |
Parella | Shoshanna Lonstein Gruss (1993–1997) ![]() |
Premios | |
Sitio web | jerryseinfeld.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Biografía
editarA popularidade de Jerry Seinfeld reside nun tipo de humor baseado na observación de feitos cotiáns. Nacido en Brooklyn, criado en Massapequa, o seu interese pola comedia empezou cando tiña oito anos e mirando a televisión sentía fascinado ao pensar que a alguén lle pagasen por facer rir aos demais. A Seinfeld sempre lle gustou máis a actuación fronte a unha audiencia en vivo que na televisión dicindo: Souben que ía ser un comediante a unha moi temperá idade, recordo que unha vez fixen rir a un amigo tan forte que me guindou un bocado de biscoitos e leite encima. E encantoume. Ese foi o principio. El empezou nos clubs nocturnos a partir do momento en que se graduou da Universidade de Queens. En principio dedicouse a facer presentacións gratuítas, só para perfeccionar a súa actuación.
Naqueles momentos para sobrevivir recorreu a unha variedade de traballos estraños como vender ilegalmente lámpadas de luz por teléfono e vender xoias falsas na rúa. A pesar de todo nunca perdeu o seu soño: Toda a miña vida estiven tratando de rirme... estou obsesionado con ese movemento. Cando estás a rir, deixaches o teu corpo, deixaches o planeta... é unha experiencia incrible. O seu traballo rendeu froitos cando se converteu nun invitado regular do programa Late Night With David Letterman e The Tonight Show. O seu primeiro especial foi Jerry Seinfeld's Stand-up Confidential, transmitido en HBO durante 1987 e 1988. Na primavera de 1991 Jerry foi o condutor de Spy TV: How To Be Famous para a canle NBC e Aspen Comedy Festival para Showtime.
En 1989 déronlle a oportunidade de ter a súa propia comedia nunha canle. Co seu compañeiro Larry David (que foi usado como modelo para o neurótico George Costanza) presentaron a idea dun programa acerca de nada dedicando cada media hora do programa a sucesos triviais. O programa foi aceptado e ao principio chamábase Seinfeld Chronicles, pero despois pasouse a chamar simplemente Seinfeld.
Seinfeld é coñecido polo seu humor de observación, xeralmente acerca das relacións entre persoas e o incómodo coas obrigacións sociais. O Comedy Central considerouno un dos 12 máis importantes comediantes stand-up da historia no seu especial The 100 Greatest Standups Of All Time.[2]
Notas
editar- ↑ Biografia de Jerry Seinfeld en Internet Movie Database
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2010. Consultado o 15 de xuño de 2012.