Jerin Ramos
futbolista hispano-caboverdiano
Jerin Marcolino Ramos Santos, coñecido como Jerin Ramos ou simplemente Jerin, nado en Madrid o 14 de xaneiro de 1996, é un futbolista español de ascendencia caboverdiana, que xoga como centrocampista no Ourense CF, da Primeira Federación.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xaneiro de 1996 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Traxectoria
editarNaceu en Madrid de pais caboverdianos e formouse como futbolista nas canteiras do Elche, o Lorqui e o Málaga.[1] Tras pasar polo Deportivo Rayo Cantabria, da Terceira División, no verán de 2017 recalou no Racing de Santander B, equipo da mesma categoría. Esa mesma campaña debutou co primeiro equipo do Racing de Santander na Segunda División B.[1]
En 2020 fichou polo Ourense CF, co que conseguiu dous ascensos nos seguintes anos, pasando da Terceira División á Primeira Federación.[2]
Palmarés
editar- Racing de Santander
- Segunda División B (1): 2018/19.
- Ourense CF
- Segunda Federación (1): 2023/24.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "¿Quién es Jerin?" (en castelán). 21 de setembro de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2024.
- ↑ "Jerín quinto año en el Ourense CF" (en castelán). 6 de xuño de 2024. Consultado o 12 de decembro de 2024.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).