Jerónimo Rodríguez Rodríguez
empregado e político galego
José Gerónimo Rodríguez Rodríguez, coñecido como Jerónimo Rodríguez, nado en Tomiño cara a 1907 e finado en Vigo o 28 de xaneiro de 1937, foi un empregado e político galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 ![]() Tomiño, España ![]() |
Morte | 28 de xaneiro de 1937 ![]() Vigo, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | empregado, político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarAnarquista, veciño de Goián. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado na prisión de Tui, onde coincidiu con Benito Prieto Coussent que lle fixo un retrato. Procesado na causa 1350/36 polo delito de rebelión, foi xulgado en Vigo o 7 de xaneiro de 1937.[1] Condenado a pena de morte, foi executado en Vigo, ás 11 horas do 28 de xaneiro de 1937, con Eliseo Estévez Álvarez e Maximino Rodríguez Lago,[2] nas proximidades do cuartel do Monte do Castro.
Vida persoal
editarFoi pai de Argentina Rodríguez Vicente.