Jelenia Góra
Jelenia Góra (en alemán Hirschberg im Riesengebirge) é unha cidade de Polonia situada no suroeste do país, no voivodato (provincia) da Baixa Silesia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Polonia | ||||
Voivodatos | Baixa Silesia | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 77.305 (2021) (707,92 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 109,2 km² | ||||
Bañado por | Rio Bóbr (pt) , Kamienna e Wrzosówka (en) | ||||
Altitude | 352,74 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 58-500, 58-501, 58-504, 58-505, 58-506, 58-507, 58-508, 58-560, 58-570 e 58-588 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | jeleniagora.pl |
É a sede administrativa do distrito (powiat) de Jelenia Góra, aínda que non está dentro del, sendo por si mesma outro distrito.
Xeografía
editarSituada a unha altitude de 352,74 msnm, ocupa unha superficie de 109,2 km². A súa poboación no ano 2010 era de 84 306 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 772,03 hab./km².
Cidade turística
editarA cidade encóntrase moi preto das Montañas dos Xigantes, e constitúe un importante centro de turismo de Polonia, dado que moi cerca da cidade están algunhas estacións de esquí, como a de Karpacz.
Así mesmo, no suroeste, no barrio de Cieplice Śląskie-Zdrój, encóntrase un importante e famoso balneario (Uzdrowisko Cieplice) con augas termais e mananciais de augas mineralizadas sulfuradas, activo desde o século XIII.
Cidades irmandadas
editarGalería de imaxes
editar-
Praza do Concello
-
Museo
-
Hotel na cidade vella
-
Balneario en Cieplice
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |