Os jeans (pronunciado ['jins], pantalóns vaqueiros ou simplemente vaqueiro[1], son un tipo de pantalón feito cun tecido de algodón bastante resistente chamado denim. Orixinalmente esta era unha peza de traballo, pero a partir da década de 1950 empezáronse a impoñer como peza xuvenil.

Pantalón vaqueiro ou jeans

Cultura

editar

Na súa orixe, os pantalóns vaqueiros, pola súa resistencia, usábanos os traballadores manuais, sobre todo en traballos forzosos como os mineiros, ou agricultores de principios do século XX. Nos Estados Unidos na década de 1950, as mozas e adolescentes empezaron a poñerse vaqueiros como forma sutil de protesta contra o conformismo. O feito considerouse unha provocación; por exemplo nalgúns cines non se permitía entrar ao que levase vaqueiros. Na década de 1960, os vaqueiros gañaron aceptación e para a década de 1970 convertéronse nun artigo corrente nos EUA, polo menos para vestir informalmente. A súa aceptación seguiu crecendo ata o punto en que agora forma parte do fondo de armario, e como media cada estadounidense posúe sete pares.

As modas foron impoñendo diversos cortes de pantalón, coa cintura máis ou menos alta, coas perneiras axustadas (en España chamáronse de cabicha), rectas ou acampanadas (ou de pata de elefante). Outras tendencias afectaron ao grado de decoloración do pantalón e ata ao seu integridade: os pantalóns rotos ou feitos farrapos estiveron de moda.

Fabricantes

editar

Aínda que a marca de pantalóns vaqueiros por excelencia é Levi's, outros fabricantes clásicos de vaqueiros foron Lee e Wrangler, en México Furor e en España estaba Lois. Todas marcas moi populares nos 70s. Na actualidade hai moitas marcas especializadas en vaqueiros e ata as marcas máis exclusivas fan vaqueiros caros como é o caso de Diesel e G-Star Raw. Levi's fai referencia a "Òscar Levi Strauss". Actualmente é unha tenda moi famosa por todo o mundo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vaqueiro.