Jean Pecquet
Jean Pecquet, nado en Dieppe o 9 de maio de 1622 e finado en París o 26 de febreiro de 1674[1], foi un médico e científico francés, especializado en anatomía e pioneiro da fisioloxía. Estudou tamén a expansión do aire, interesouse pola visión e escribiu diversos traballos que se anticiparon á moderna psicoloxía.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1622 ![]() Dieppe, Francia ![]() |
Morte | 1674 ![]() París, Francia ![]() |
Educación | Facultade de Medicina de Montpellier ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico, anatomista ![]() |
Membro de | |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Medvik >>>:Pecquet, Jean, 1622-1674, ![]() Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
O seu nome asóciase habitualmente á descrición do conduto torácico e á coñecida como cisterna de Pecquet, reservorio do quilo ou quilocisto[2].
Traxectoria
editarDespois de estudar na súa localidade natal e a continuación en Ruán, Jean Pecquet marchou a París para traballar en 1641. En 1645 matriculouse na facultade de Artes e tomou contacto con diversos intelectuais da época, como Marin Mersenne ou Evangelista Torricelli, de quen continuará os seus experimentos sobre a acústica, a gravidade e o baleiro.
En 1647 comezou as súas primeiras experiencias de disección de animais, ás veces en público, entanto que traballaba como profesor particular. En 1651 publicou o seu traballo máis salientable sobre anatomía e comezou os seus estudos de medicina en París, formación que rematará en Montpellier, localidade á que se traslada en 1652.
En Montpellier fixo as súas descubertas máis significativas sobre a circulación linfática, especialmente as relativas ao receptaculum chyli ou cisterna de Pecquet. Thomas Bartholin atopará no corpo humano o conduto torácico pero non a cisterna, e confirmará as experiencias de Pecquet.[3]
Foi designado membro da Academia de Ciencias en 1666.
Coñécese tamén por facer diseccións do ollo e medicións das súas dimensións. En contraste coa Edme Mariotte, el pensaba que era a retina e non a coroide o principal órgano da visión.
Obras
editar- Experimenta nova anatomica, quibus incognitum hactenus chyli receptaculum, et ab eo por thoracem en ramos usque subclavios vasa lactea deteguntur. Ejusdem Dissertatio anatomica de circulatione sanguinis et chyli motu. Accedunt clarissimorum virorum perelegantes ad authorem epistolae, apud S. G. et Cramoisy. París, 1651. Dispoñible en Gallica, da Biblioteca Nacional de Francia]
- De Circulatione Sanguinis et Chyli Motu, 1653.
- De Thoracicis Lacteis, 1653.
Notas
editar- ↑ Biografía de Jean Pecquet, en www.biusante.parisdescartes.fr/ (en francés).
- ↑ Ver a entrada "quilocisto". No Dicionario de Termos Médicos da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. 2002.
- ↑ Historia del sistema linfático. Na web Ganglioslinfaticos.com.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Jean Pecquet". En Le progrès médical", 1926. Páxinas 39 e 40. Texto íntegro dispoñible].
- "Tricentenaire de Pecquet". En Les amys du Vieux-Dieppe. 1922. Números 1 e 2. Fascículo XIII. Dieppe, 1922.
- Yves Bentata. Un médecin anatomiste du XXVIIe siècle. París, 1932.
- A. Delmas. "Pecquet". En Les médicins célèbres. Xenebra, 1947.
- Bertrand Lalardie. Jean Pecquet. Tese de doutoramento en Medicina. Universidade Pierre e Marie Curie. París, 1984. Resumo e conclusión dispoñibles en liña].
Ligazóns externas
editar- Pecquet, Jean, biografía en www.enciclopedia.com (en inglés).