Jean Bazaine
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
Jean Bazaine, nado en París o 21 de decembro de 1904 e finado en Clamart o 4 de marzo de 2001, foi un pintor e artista plático francés. Membro da École de Paris, a súa pintura representa un humanismo e unha abstracción que tende cara a cor e o atemporal.
![]() (1995) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1904 ![]() 17º distrito de París, Francia ![]() |
Morte | 4 de marzo de 2001 ![]() Clamart, Francia ![]() |
Educación | Universidade de París Escola Nacional Superior de Belas Artes Academia Julian ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor, debuxante, escritor, litógrafo, vitralista (pt) ![]() ![]() |
Período de actividade | 1919 ![]() ![]() |
Xénero artístico | Arte abstracta ![]() |
Movemento | Arte abstracta ![]() |
Participou en | |
28 de xuño de 1964 | Documenta III |
11 de xullo de 1959 | Documenta II (en) ![]() |
16 de xullo de 1955 | documenta (en) ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Viveka Bosson ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou co escultor Paul Maximilien Landowski e literatura na Sorbona. En 1924 logo de realizar dúas viaxes por Italia comeza a pintar. A súa primeira exhibición realizouna en 1930 cun grupo no que estaban Jean Fautrier, Jean Pougny e Marcel Gromaire e en 1932 realizou a súa primeira exposición individual.
Entre as súas obras destacan a serie de policromos para a igrexa de Assy (1950) e un gran mural cerámico en Audincourt, realizou tamén mosaicos para a Unesco (1958) e o palacio de Luxemburgo (1987).. Escribiu críticas de arte para as revistas Temps Présent e Poésie 43, foi autor de Notes sur la peinture d'aujourd'hui (1948)