Javier Wegmüller Redondo
nobre galego, conde de San Javier y Casa Laredo
Javier Wegmüller Redondo, nado en Caracas en 1958, é un empresario e nobre galego, duodécimo conde de San Javier y Casa Laredo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 (66/67 anos) Caracas, Venezuela |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Outro | |
Título | Conde |
Traxectoria
editarFillo da santiaguesa María del Carmen Redondo e do suízo Hansrüdi Wegmüller, herdou o condado de San Javier y Casa Laredo en 2006, logo do falecemento da nai, a undécima condesa[1]. Casou coa comunicadora luguesa Pilar Ónega, directiva dun colexio concertado[2], e estableceu o seu enderezo en Lugo[3]. Non tivo fillos, e o herdeiro do condado é o seu sobriño, Javier Wegmüller Riera.
Foi impulsor e primeiro presidente do corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia[4][5].
Notas
editar- ↑ "BOE.es - BOE-A-2006-21871". www.boe.es. Consultado o 2022-08-16.
- ↑ "Pilar Ónega, Más Plurales: "Os pais da concertada votamos a todos os partidos, non somos a escola dos ricos"". Galicia Confidencial. Consultado o 2022-08-16.
- ↑ "La nobleza gallega cree "oportuno" el momento de la abdicación real". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-08-16.
- ↑ "Cuerpo de la Nobleza del Antiguo Reino de Galicia. Xuntos - Asociacións Galegas". xuntos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-08-16.
- ↑ Rodríguez, Salvador. "El resurgir de la nobleza gallega". Estela. Revista dominical do Faro de Vigo. Consultado o 2022-08-16.