Javier Villar del Fraile
Javier Villar del Fraile, coñecido como Javi Villar, nado en Murcia o 15 de marzo de 2003, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Unionistas de Salamanca, da Primeira División RFEF, cedido polo Real Madrid Castilla. É irmán do tamén futbolista Gonzalo Villar.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 2003 ![]() Murcia, España ![]() |
Altura | 1,87 m. |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Dianteiro |
Traxectoria
editarFormouse como futbolista nas categorías inferiores da Asociación Deportiva Azarbe, do UCAM Murcia, do Real Murcia, do FC Barcelona, do Elche e do Real Madrid.[1][2][3] O 21 de maio de 2022 debutou co Real Madrid Castilla na Primeira División RFEF, nun encontro fronte ao Algeciras,[4] e na tempada 2022/23 pasou a formar parte do cadro de xogadores do filial.
Para a tempada 2023/24 foi cedido ao Unionistas de Salamanca, da mesma categoría.[5]
Selección nacional
editarFoi internacional coa selección española sub-19.
Notas
editar- ↑ Lavín, June (23 de febreiro de 2023). "De La Fábrica a La Masia o viceversa: el extraño viaje que ahora es habitual" (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2023.
- ↑ "El Real Madrid ficha a Javi Villar para el Juvenil". Mundo Deportivo (en castelán). 7 de xullo de 2021. Consultado o 23 de outubro de 2023.
- ↑ "El Real Madrid ficha al pequeño de los Villar". As (en castelán). 7 de xullo de 2021. Consultado o 23 de outubro de 2023.
- ↑ "Javi Villar, algo más que el hermano de Gonzalo y su golazo con el Real Madrid" (en castelán). 22 de decembro de 2021. Consultado o 23 de outubro de 2023.
- ↑ "Javi Villar, cedido por el Real Madrid Castilla, 15ª jugador de la plantilla". Unionistas de Salamanca (en castelán). 26 de xullo de 2023. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2023. Consultado o 23 de outubro de 2023.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador no sitio web do Real Madrid (en castelán).