Javier Ortiz
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2014.) |
Javier Ortiz Estévez, nado en Donostia o 24 de xaneiro de 1948 e finado en Aigües (Alacant) o 28 de abril de 2009, foi un xornalista vasco.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Javier Ortiz Estévez ![]() 24 de xaneiro de 1948 ![]() Donostia, España ![]() |
Morte | 28 de abril de 2009 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Sitio web | web.archive.org… ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarNeto dun emigrante ourensán, estudou nos xesuítas en Donostia. Comezou a súa actividade xornalística aos dezaoito anos, en publicacións clandestinas na ditadura franquista, polo que foi arrestado en varias ocasións. Militante do Partido Comunista, estivo exiliado en Bordeos e en París durante varios anos, ao tempo que comezaban as súas diverxencias coa organización comunista, por exemplo, cando o partido non se manifestou contra as execucións de Salvador Puig Antich e Heinz Chez. Regresou a España á morte de Francisco Franco, formou parte da Platajunta e fundou Saida, revista de liña republicana que foi varias veces secuestrada, así como os seus membros arrestados.
En 1985 comezou a traballar como redactor xefe da revista Mar, do Instituto Social da Mariña.
Pedro J. Ramírez ofreceulle colaborar na fundación do xornal El Mundo. Nel foi redactor-xefe, fundou a redacción da edición do País Vasco e foi subdirector e xefe de Opinión na edición central. En 2000 deixou os seus cargos directivos e a partir de entón colaborou de forma externa con dúas columnas semanais. Posteriormente compaxinou o seu labor como comentarista en Radio Euskadi e ETB coa dirección de Foca, colección de ensaios políticos da editorial Akal. En setembro de 2007 incorporouse como columnista no diario Público.
Obra
editar- Matrimonio, maldito matrimonio (Ediciones B, 1991).
- Jamaica o muerte (Akal, 1994).
- El felipismo, de la A a la Z (Espasa, 1996).
- Diario de un resentido social (Talasa, 2001).
- Ibarretxe (La Esfera de los Libros, 2002).
- Repensar la Prensa (Editorial Debate, 2002, en colaboración con Enrique Gil Calvo e Manuel Revuelta).
- Miradas sobre Euskadi (Alga, 2004, en colaboración con outros nove ensaístas).
- Xabier Arzalluz. Así fue (Foca, 2005).
Foi tamén editor e coautor de diversas obras, como ¡Palestina existe! (Foca, 2002) e Washington contra el mundo (Foca, 2003).