Javier Augustine "Jarvey" Ocampo Gayoso,[1] nado en Las Piñas o 11 de febreiro de 1997, é un futbolista filipino que xoga como lateral esquerdo no Phnom Penh Crown da Liga Premier de Camboxa. É internacional coa selección de Filipinas.

Modelo:BiografíaJarvey Gayoso

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de febreiro de 1997 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Las Piñas, Filipinas Editar o valor en Wikidata
EducaciónAteneo de Manila University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Comezos

editar

Naceu no seo dunha familia moi vencellada ao deporte, sendo fillo do antigo xogador profesional de baloncesto Jayvee Gayoso e da xogadora de voleibol Jinggay Antonio-Gayoso, neto do xogador de baloncesto Poch Gayoso e do futbolista e xogador de baloncesto Edgardo Ocampo e sobriño do tamén futbolista Alvin Ocampo.[2]

Xogou ao baloncesto na súa mocidade, pero finalmente decidiu centrarse no fútbol, deporte que comezou a practicar aos 4 anos.[3] Mentres estudaba no instituto Ateneo de Manila xogaba ao fútbol e practicaba atletismo, chegando a lograr medallas de ouro nas probas de 200 metros, 400 metros, salto de altura e salto de lonxitude.[2]

Xa na Asociación Atlética Universitaria de Filipinas (UAAP), xogou no equipo senior de fútbol da Universidade Ateneo de Manila, debutando en 2016. O Ateneo quedou terceiro na eliminatoria e despois perdeu na final ante a Universidade de Filipinas.[2] Gayoso foi recoñecido como o máximo goleador da tempada con 11 goles xunto con Paolo Salenga da Universidade Nacional.[3]

Na seguinte campaña, contribuíu ao título de liga do Ateneo, marcando o único gol do partido. Finalmente foi nomeado mellor dianteiro e MVP da tempada. Na tempada 2018 volveu ser galardoado como mellor dianteiro da UAAP, repetindo outra vez na 2019.

Para a tempada 2020 deixou o deporte universitario e fichou polo Azkals Development Team (ADT) da Liga de Fútbol de Fililpinas (PFL), máxima categoría do país.[4] A pesar de que ata entón xogara como dianteiro, no ADT o adestrador Scott Cooper colocouno na defensa. Debutou co primeiro equipo na PFL o 28 de outubro, nunha derrota por 1-0 ante o United City.

Axiña comezou a destacar e en novembro de 2020 viaxou a Tailandia para fichar polo Muangthong United da Thai League 1, pero a operación non chegou a completarse.[5][6]

Cesión ao Kaya–Iloilo

editar

En xuño de 2021 foi cedido ao Kaya–Iloilo.[7][8] Debutou o 26 de xuño, no primeiro partido da fase de grupos da Liga de Campións da AFC, unha derrota por 4-1 ante o BG Pathum United.[9]

Copa Paulino Alcántara 2021

editar

De regreso no ADT, disputou a fase de grupos da Copa Paulino Alcántara de 2021, marcando cinco goles na goleada por 9-0 sobre Mendiola, converténdose no futbolista con máis goles nun mesmo partido na historia da competición.[10] Tamén marcou nas semifinais contra Stallion Laguna, pero sufriu unha lesión nun tendón, o que lle fixo perder a final, na que o seu equipo caeu ante o Kaya.[11][12] Con todo, os seus seis goles valéronlle o premio da Bota de Ouro do torneo.[13]

Kaya–Iloilo

editar

O 8 de febreiro de 2022, o Kaya–Iloilo anunciou a fichaxe de Gayoso.[14] Co club de Visayas Occidental gañou dous títulos de liga (2023-24 e 2024), sendo o máximo goleador na segunda das tempadas, con 23 goles. Conquistou tamén a Copa Paulino Alcántara de 2023, tras derrotar na final ao Davao Aguilas.[15]

Phnom Penh Crown

editar

En xullo de 2024 fichou polo Phnom Penh Crown de Camboxa.[16]

Selección nacional

editar

Tras ser internacional nas categorías inferiores, debutou coa selección filipina absoluta en novembro de 2017, no Torneo Internacional CTFA en Taiwán, ante Laos.[17]

  1. "JAVIER AUGUSTINE OCAMPO GAYOSO". stats.the-afc.com (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Jarvey Gayoso: The Rising Son" (en inglés). 10 de xaneiro de 2017. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  3. 3,0 3,1 "Jarvey Gayoso strays from dad Jayvee's sport, makes own mark in football" (en inglés). 16 de maio de 2016. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  4. "Jarvey Gayoso reflects on leaving Ateneo, the Azkals and the next stage of his career" (en inglés). 7 de febreiro de 2020. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  5. "Azkals Development Team star Jarvey Gayoso close to signing with Thai club". ESPN (en inglés). 5 de decembro de 2020. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  6. "2 de xaneiro de 2025" (en inglés). 13 de xuño de 2021. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  7. "Kaya FC-Iloilo signs up rising strike star Jarvey Gayoso" (en inglés). 13 de xuño de 2021. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  8. "Azkals standout Jarvey Gayoso signs with Kaya-Iloilo" (en inglés). 13 de xuño de 2021. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  9. "Angeles strikes late as Kaya-Iloilo suffers rude ACL welcome vs BGPU" (en inglés). 26 de xuño de 2021. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  10. "Gayoso eyes Cup glory" (en inglés). Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  11. "Gallantes strikes in extra time vs Stallion, lifts ADT to Copa Alcantara final" (en inglés). 16 de novembro de 2021. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  12. "Azkals Development Team, Kaya-Iloilo clash for Copa Paulino Alcantara crown" (en inglés). 17 de novembro de 2021. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  13. "Kaya-Iloilo wins Copa Paulino Alcantara title" (en inglés). 19 de novembro de 2021. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  14. "Football: Jarvey Gayoso back with Kaya FC-Iloilo" (en inglés). 8 de febreiro de 2022. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  15. "Gayoso repays Kaya FC-Iloilo trust" (en inglés). 8 de xuño de 2021. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  16. "Phnom Penh Crown secures Jarvey Gayoso" (en inglés). 11 de xuño de 2024. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  17. "Gayoso receives his first senior Philippine Azkals call-up" (en inglés). 30 de novembro de 2017. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.