Jane Russell
Ernestine Jane Geraldine Russell, nada en Bemidji (Minnesota) o 21 de xuño de 1921 e finada en Santa Maria (California) o 28 de febreiro de 2011 foi unha actriz estadounidense coñecida como Jane Russell, unha das grandes sex symbols das décadas de 1940 e 1950.
![]() (1945) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Ernestine Jane Geraldine Russell ![]() 21 de xuño de 1921 ![]() Bemidji, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 28 de febreiro de 2011 ![]() Santa Maria, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | doenza respiratoria ![]() |
Relixión | Cristianismo ![]() |
Educación | Escola Secundaria de Van Nuys ![]() |
Cor dos ollos | Abelanado ![]() |
Cor do pelo | Cabelo castaño ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación, canto e modelaxe ![]() |
Ocupación | actriz de cinema, modelo, cantante, actriz, actriz de televisión ![]() |
Período de actividade | 1943 ![]() ![]() |
Partido político | Partido Republicano ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Bob Waterfield (1943–1968) ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFilla dun militar e unha actriz, de pequena estudou piano e participou en obras teatrais. Inicialmente desexaba ser deseñadora, pero finalmente traballou como modelo e, por presións da súa nai, estudou interpretación con Max Reinhardt e Maria Ouspenskaya.
En 1940 asinou un contrato con Howard Hughes e fixo o seu primeiro filme, The Outlaw, que se estreou de forma limitada en 1943 por problemas coa censura e o código Hays. Ata que tivo unha estrea comercial en 1946, Russell seguiu traballando como modelo.
Tras o éxito do filme, Russell era coñecida especialmente polo seu físico, que deu lugar a bromas como as frases do seu compañeiro Bob Hope, que a presentou como "the two and only Jane Russell" ou que dixo "Cultura é a capacidade de describir a Jane Russell sen mover as mans". Howard Hughes tamén dixo, "Hai dúas boas razóns polas que os homes van vela. Son abondas." A imaxe de Russell sobre unha morea de palla foi unha popular foto de pin-up.
Os seus principais éxitos tiveron lugar entre 1947 e 1956, especialmente no filme Os cabaleiros prefírenas loiras (1953), con Marilyn Monroe. A partir de 1970 retirouse do cinema e o ano seguinte debutou en Broadway, no musical Company.
Filmografía
editar- The Outlaw (1943)
- Young Widow (1946)
- The Paleface (1948)
- His Kind of Woman (1951)
- Double Dynamite (1951)
- The Las Vegas Story (film)|The Las Vegas Story (1952)
- Unha aventura en Macau (1952)
- Son of Paleface (1952)
- Montana Belle (1952)
- Road to Bali (1952)
- Os cabaleiros prefírenas loiras (1953)
- The French Line (1954)
- Underwater! (1955)
- Foxfire (1955)
- The Tall Men (1955)
- Os cabaleiros casan coas morenas (1955)
- Hot Blood (1956)
- The Revolt of Mamie Stover (1956)
- The Fuzzy Pink Nightgown (1957)
- Fate Is the Hunter (1964)
- Johnny Reno (1966)
- Waco (1966)
- The Born Losers (1967)
- Darker than Amber (1970)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jane Russell |
Bibliografía
editar- Russell, Jane (1985). Random House, ed. Jane Russell: My Path and Detours. Nova York. ISBN 978-0-517-67208-2.
Ligazóns externas
editar- Jane Russell na IMDb (en inglés).
- "Jane Russell, A Dedicated Champion for Children", Women's International Center, WIC.com.
- Jane Russell, Virtual Film History.