James Whyte Black
(Redirección desde «James W. Black»)
Sir James Whyte Black, nado en Uddingston, Escocia o 14 de xullo de 1924 e finado o 22 de marzo de 2010[1] foi un farmacólogo británico, inventor do propranolol e a cimetidina.
Traxectoria
editarConseguiu o Premio Nobel de Medicina en 1988, xunto cos investigadores estadounidenses Gertrude Elion e George Herbert Hitchings.
Contribuíu ao coñecemento científico e clínico básico en cardioloxía, como médico e como científico. A súa invención do propranolol, que revolucionou o tratamento médico da anxina de peito está considerada como unha das máis importantes contribucións á medicina e á farmacoloxía clínicas do século XX.