James Chapin
James Paul Chapin, nado o 9 de xullo de 1889 e Nova York, e finado na mesma cidade o 7 de abril de 1964, foi un biólogo e ornitólogo estadounidense.
![]() James Paul Chapin en 1904 | |
Nome orixinal | James Paul Chapin |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de xullo de 1889 Nova York |
Morte | 7 de abril de 1964 Nova York |
País de nacionalidade | estadounidense |
Educación | Universidade de Columbia |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía e Ornitoloxía ![]() |
Ocupación | biólogo e ornitólogo |
Membro de | |
Influencias | |
Compañeiro profesional | Herbert Lang ![]() |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Chapin ![]() |
Premios | |
Traxectoria
editarChapin foi un dos ornitólogos máis importantes do século XX. Residente habitual de Staten Island, durante a súa adolescencia foi un asiduo colaborador nas publicacións do Instituto para as Artes e as Ciencias de Staten Island. Con tan só dezanove anos de idade abandonou seu fogar para asumir, como segundo de abordo, a expedición que, durante seis anos (1909-1915), percorreu o Congo Belga, enviada polo Museo Americano de Historia Natural.
Ao seu regreso a Nova York, Chapin participou na edición do informe da expedición congolesa. Logo graduouse como doutor en Ciencias Naturais pola Universidade de Columbia en 1919, e traballou para o anteriormente citado Museo, onde preparou espécimes de aves e mamíferos, e participou na elaboración de catálogos dalgunhas das coleccións. O seu traballo no Museo prolongouse durante un período de 59 anos consecutivos.
James Chapin participou en varias expedicións a África. En 1926 uniuse á expedición Ruwenzori-Kiwu en África Oriental e o Congo. Publicou, en 1932, Birds of the Belgian Congo, obra pola que recibiu a medalla de ouro Daniel Giraud Elliot, outorgada pola Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.
En 1937 volveu de novo a viaxar ao Congo. Foi nomeado conservador do Departamento de Ornitoloxía do Museo Amricano de Historia Natural. Finalmente, instalouse, coa súa esposa, en 1953, nese país, e estudou a súa fauna durante seis anos.
Aínda que son os seus traballos sobre África os máis coñecidos, Chapin traballou tamén sobre a fauna europea, canadense, polinesia e outras.
Algunhas publicacións
editar- Descriptions of three new birds from the Belgian Congo (1915)
- Fresh-water fishes of the Congo Basin obtained by the American museum Congo expedition, 1909-15 (1917)
- Description of four new birds from the Belgian Congo (1921)
- The American Museum Congo Expedition collection of Insectivora (1922)
- Sciuridae, Anomaluridae, and Idiuridae collected by the American Museum Congo Expedition (1922)
- Contributions to the herpetology of the Belgian Congo based on the collection of the American Museum Congo Expedition, 1909-1915 (1923)
- The preparation of birds for study; instructions for the proper preparation of bird skins and skeletons for study and future mounting (1923)
- The macruran, anomuran and stomatopod crustaceans collected by the American Museum Congo Expedition, 1909-1915 (1926)
- The parasitic worms collected by The American Museum of Natural History Expedition to the Belgian Congo, 1909-1914 (1929)
- Birds of the Belgian Congo (1932–1954)
- Hyraxes collected by the American Museum Congo Expedition (1936)
- The future of the American Ornithologists' Union: a report to the members and friends of the A.O.U. (1942)
Especies dedicadas
editarNumerosas especies de animais, principalmente de aves, lle foron dedicadas, entre elas:
- Apalis chapini Friedmann, 1928.
- Barydesmus chapini (Hoffman, 1953).
- Camponotus chapini Wheeler, 1922.
- Centrarchops chapini Fowler, 1923.
- Chaerephon chapini J. A. Allen, 1917.
- Kupeornis chapini Schouteden, 1949.
- Lissorhoptrus chapini Kuschel, 1952.
- Pelusios chapini Laurent, 1965.
- Progebiophilus chapini (Van Name, 1920).
- Sylvietta chapini Schouteden, 1947.
- Chamaeleo chapini De Witte, 1964
Abreviatura
editarA abreviatura Chapin emprégase para recoñecer a James Chapin como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: James Chapin |
Bibliografía
editar- Herbert Friedmann (1966): "In Memoriam: James Paul Chapin". The Auk 83 (2): 240–252.
Ligazóns externas
editar- James Paul Chapin, no sitio web do American Museum of Natural History.