Jaime Sánchez Muñoz

futbolista español

Jaime Sánchez Muñoz, nado en Chiclana de la Frontera o 11 de marzo de 1995, é un futbolista español que xoga como defensa central no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Modelo:BiografíaJaime Sánchez Muñoz

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1995 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Chiclana de la Frontera, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,84 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2014 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Madrid Castilla

Traxectoria

editar

Comezou na Escola de Fútbol Sancti Petri de Chiclana, onde xogou varios anos antes de entrar na canteira do Cádiz.[1] Despois de tres anos no equipo amarelo, en 2012 foi traspasado ao Real Madrid por 250.000 euros.[2]

No club branco empezou no equipo xuvenil e disputou a Liga Xuvenil da UEFA, na que un gol seu ao gardameta do PSG, Mike Maignan, lle deu o pase a semifinais ao Real Madrid.[3] O 24 de marzo de 2013 debutou co Real Madrid C na Segunda División B, nun partido contra o Sporting de Gijón B. Na tempada 2014/15 subiu ao Real Madrid Castilla, co que disputou 17 encontros, case todos como titular, e foi convocado por Carlo Ancelotti para un partido de Copa do Rei do primeiro equipo contra o Cornellà, aínda que non chegou a entrar ao campo.[4]

Na tempada 2015/16 sufriu unha lesión no tendón de Aquiles que o obrigou a pasar polo quirófano e que o mantivo fóra dos terreos de xogo durante toda a campaña.[5] Para a tempada 2016/17 foi cedido ao CE Sabadell,[6] pero non chegou a debutar por mor das lesións. O 24 de setembro de 2017 volveu xogar un partido oficial 861 días despois do último, vestindo a camiseta do Castilla fronte ao Navalcarnero.[7] Xogou un total de 5 partidos no equipo de Solari pero no verán volveu pasar polo quirófano para unha nova intervención cirúrxica.[8]

En xaneiro de 2019 foi traspasado ao Real Valladolid B, de 2ªB.[9] Disputou 12 partidos e ao remate da tempada o club valisoletano renovou o seu contrato ata 2021.[10] No equipo adestrado por Javier Baraja conseguiu unha regularidade que non tiña dende había anos e disputou 24 partidos de liga, 23 deles como titular, así como o encontro da promoción de ascenso que o seu equipo perdeu contra o Barcelona B.

En agosto de 2020 foi traspasado ao Sabadell, agora en Segunda División.[11] Debutou na categoría de prata na segunda xornada, comezando como titular nunha derrota por 1-2 contra o Rayo Vallecano no Estadio de Vallecas.[12] Foi titular na maioría de encontros e na xornada 36 marcou de chilena o seu primeiro gol, dándolle a vitoria ao seu equipo contra o Mallorca na Nova Creu Alta (1-0).[13] Con todo, o equipo acabou perdendo a categoría.

O 19 de xullo de 2021 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña para a tempada 2021/21 da nova Primeira División RFEF.[14] Debutou co club galego o 29 de agosto de 2021, na primeira xornada de liga contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0.[15]

Selección española

editar

Foi internacional coas categorías inferiores da selección española, dende que debutou en 2012 coa sub-17, pasando logo pola sub-18, sub-19 e sub-21. En 2013 disputou o Campionato europeo da UEFA Sub-19 en Lituania, caendo nas semifinais contra Francia.[16]

Palmarés

editar
Deportivo da Coruña
  1. "Jaime Sánchez, el 'heredero' de Sergio Ramos en la Fábrica" (en castelán). Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  2. Sánchez, Pablo (2 de novembro de 2012). "El Cádiz ya tiene los 250.000 euros de Jaime". portalcadista.com (en castelán). Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  3. "PSG - Real Madrid 2013-14". UEFA (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  4. "Descanso para Casillas, Ramos, Kroos, Modric y Cristiano" (en castelán). 29 de outubro de 2014. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  5. "Jaime Sánchez, cedido al CE Sabadell" (en castelán). 31 de xullo de 2016. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  6. "El CE Sabadell cierra el fichaje del internacional sub21 Jaime Sánchez". cesabadell.cat (en castelán). 28 de xullo de 2016. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  7. Sánchez, Julio (28 de setembro 2017). "Jaime Sánchez volvió a disputar un encuentro oficial 861 días después". soymadridista.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2020. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  8. "Jaime Sánchez volvió a pasar por el quirófano" (en castelán). 18 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2021. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  9. "El Promesas ficha Jaime, central del Real Madrid Castilla". tribunavalladolid.com (en castelán). 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  10. "Jaime Sánchez renueva con el Real Valladolid". realvalladolid.es (en castelán). 18 de xuño de 2019. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  11. "Jaime Sánchez, cuarta incorporación del CE Sabadell 2020/21". cesabadell.cat (en castelán). 14 de agosto de 2020. Consultado o 20 de xullo de 2021. [Ligazón morta]
  12. "Catena culmina la remontada de un Rayo que promete y duerme líder". As (en castelán). 19 de setembro de 2020. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  13. "Una chilena de Jaime da vida al Sabadell y frena al Mallorca". As (en castelán). 26 de abril de 2021. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  14. "Jaime Sánchez, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 19 de xullo de 2021. Consultado o 20 de xullo de 2021. 
  15. "O Dépor arranca a liga en quinta (5-0)". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021. 
  16. "El infortunio condena a España en la prórroga (1-2)" (en castelán). 29 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2021. Consultado o 20 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar