Jaime Ruiz Álvarez
Jaime Ruiz Álvarez, nado en Xixón o 22 de febreiro de 1987, é un árbitro de fútbol español, que milita na Primeira División RFEF.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1987 ![]() Xixón, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | árbitro de fútbol ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Traxectoria
editarXogou ao fútbol como porteiro na canteira do Sporting de Gijón e no CODEMA, onde en idade cadete sufriu unha lesión que o obrigou a abandonar a práctica do fútbol.[1] Decidiu entón converterse en árbitro e tras varios anos realizando dita función no fútbol base, na tempada 2006/07 deu o salto á Terceira División, estreándose nun partido entre o Avilés Industrial e o Praviano. Militou durante dúas campañas na categoría, ascendendo para a tempada 2008/09 á Segunda División B, na que estivo outros dous anos, sendo naquel momento o colexiado máis novo da categoría.[1] Tras un breve regreso a Terceira, estableceuse na Segunda B, na que arbitrou durante dez anos consecutivos. En 2021 pasou a dirixir encontros da nova Primeira División RFEF.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Méndez, Eloy (12 de xuño de 2008). "«La polémica da morbo; a los espectadores les gusta saber que te puedes equivocar»" (en castelán). Consultado o 27 de setembro de 2023.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do árbitro en BDFutbol (en castelán).