Jaime Paz Bernardo
Jaime Paz Bernardo, nado en Quintela (Lobios) o 29 de novembro de 1944 e finado en Barcelona o 25 de novembro de 2005, foi un investigador, coleccionista e comerciante numismático galego establecido en Cataluña.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de novembro de 1944 Quintela, España |
Morte | 25 de novembro de 2005 (60 anos) Barcelona, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de San Salvador de Manín |
Q89547790 | Colección, estudo e comercio de moeda galega. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Influencias en | Jaime Paz Molina |
Familia | |
Cónxuxe | Josefina Molina |
Premios | |
- Medalla da ANE ao mérito numismático (1993). - Medalla de prata da ANE por 25 anos de convencións numismáticas. | |
Traxectoria
editarVida familiar
editarA familia de Jaime Paz emigrou a Barcelona en 1950, cando el tiña nove anos, e alí realizou os seus estudos ata se titular como delineante técnico mecánico. Inicialmente simultaneou a súa actividade laboral nese sector coa súa afección pola colección de moedas e o seu estudo.
En 1971 casou con Josefina Molina e o ano seguinte naceu o seu fillo, Jaime Paz Molina, quen logo do seu falecemento do seu pai continuou co labor emprendido por el.[1]
Numismático profesional
editarEn 1978 decidiu dedicarse en exclusividade á numismática e fundou en Barcelona un establecemento comercial centrado nese sector: "Numismática Paz". En 1979 editou a súa primeira publicación, un catálogo de moeda española dirixido fundamentalmente ao coleccionista, que coñeceu numerosas edicións.
Tanto desde a perspectiva comercial como no seu obxecto de estudo, Paz foise especializando na moeda galega, á que lle dedicou varios catálogos e decenas de artigos xornalísticos.[3][4] Mantivo sempre unha estreita ligazón co sector numismático en Galicia, e durante décadas encargouse de organizar máis dun cento de convencións (en Santiago, A Coruña, Lugo, Vigo, etc.), onde comerciantes e coleccionistas tomaban contacto para realizaren as súas transaccións.[5][6][7][8]
Como numismático pertenceu a diversas entidades, dalgunhas das cales foi socio fundador:[1]
- Asociación Española de Numismáticos Profesionais (AENP). Socio fundador.
- Asociación Numismática Española (ANE). Socio vitalicio.
- Círculo Filatélico e Numismático de Barcelona.
- Sociedade Filatélica, Numismática e Vitofílica "Miño", de Ourense.
- Sociedade Portuguesa de Numismática.
Como recoñecemento ao seu labor profesional foi merecedor de dúas condecoracións da Asociación Numismática Española: a medalla presidencial ao mérito numismático (1993) e a medalla de prata en recoñecemento aos 25 anos de convencións numismáticas.[1]
Obra
editar- (1979): Catálogo de Bolsillo de la Moneda Española desde José Napoleón 1808 a Juan Carlos I. Conta con 13 edicións entre 1979 e 1994.
- (1981): Catálogo de las monedas del Estado Español con sus variantes y errores.
- (1984): Numismática: historia y ciencia. ISBN 978-84-398-1408-5 (compilador de artigos publicados en Gaceta Numismática).
- (1992): Las monedas acuñadas en Galicia. ISBN 978-84-604-3085-8
- (1995): Cómo coleccionar monedas (su limpieza y conservación). ISBN 978-84-605-3720-5
- (2002): Moedas galegas: moedas, medallas, billetes especializado do século IX a.C. ó século XXI d.C. ISBN 978-84-607-6330-7
O Museo Numismático de Lobios
editar- Artigo principal: Museo Numismático de Lobios.
En 1996 puxo en marcha na súa localidade natal o Museo Numismático de Lobios, como centro de conservación, exposición e interpretación da moeda galega a través da súa historia. O museo alberga unha colección cronoloxicamente ordenada de moedas cuñadas, usadas ou relacionadas con Galicia, desde a Antigüidade ata a Idade Moderna, disposta en paneis e acompañadas de fichas didácticas na que se describen e se contextualizan as pezas.[9]
No mesmo ano da súa inauguración, o museo recibiu o premio Excelente Numismático 1996, outorgado pola Asociación Numismática Española.[10]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Biografía de Jaime Paz Bernardo Arquivado 05 de xullo de 2017 en Wayback Machine.". No sitio web de Numismática Paz.
- ↑ "Pasión por las monedas". En La Voz de Galicia. 26 de novembro de 2005.
- ↑ "Un libro repasa la acuñación de moneda en Galicia en los últimos tres mil años". En La Voz de Galicia. 16 de novembro de 2003.
- ↑ "Ourense fue un centro destacado en la acuñación de moneda en Galicia". En La Voz de Galicia. Ourense. 23 de xaneiro de 2003.
- ↑ "Coleccionistas de dinero". En La Voz de Galicia. Lugo. 10 de febreiro de 2001.
- ↑ "El sábado se celebrará la feria numismática". En La Voz de Galicia. Lobios. 14 de maio de 2003.
- ↑ "«Las monedas gallegas son apreciadas en el mercado»". En La Voz de Galicia. 4 de outubro de 2002.
- ↑ "Quienes somos Arquivado 05 de xullo de 2017 en Wayback Machine.". No sitio web de Numismática Paz.
- ↑ "Museo numismático do Concello de Lobios". No sitio web do Concello de Lobios.
- ↑ "Museo Numismático de Lobios Arquivado 05 de xullo de 2017 en Wayback Machine.". En Numismática Paz.