Jacobo Gaspar Grandal
Jacobo Gaspar Grandal, nado en Mos en 1975, é un compositor musical e profesor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 ![]() Mos, España ![]() |
Educación | Universidade de Vigo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | compositor, catedrático ![]() |
Sitio web | jacobogaspar.com… ![]() |
Traxectoria
editarJacobo Gaspar é titulado superior en composición polo Conservatorio Superior de Música de Vigo e realizou estudos de posgrao en composición no Conservatorio Superior de Música de Aragón con José Manuel López López. Doutorouse en musicoloxía pola Universidade de Oviedo. Ademais é Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Vigo.
Desde 2007 é profesor do Departamento de Composición do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Como compositor, a súa obra parte da modernidade e do novo paradigma que esta define, no que se reformula a relación son-música, algo do que se deriva unha expansión dos medios e das técnicas instrumentais, novas liñas de traballo cos intérpretes e unha concepción da escoita dirixida a ensanchar a experiencia perceptiva.
Premios
editarRecibiu importantes premios como:
- Primeiro Premio “Xavier Montsalvatge” no XX Premio Jóvenes Compositores Fundación Autor – CDMC (Madrid, 2009)[1].
- Primeiro Premio na “VI International Jurgenson Competition for Young Composers” (Moscova, 2011)[2].
- “Special Prize” e o “Audience Prize” no “Isang Yun Internacional Competition Price 2013” (Seúl, Corea do Sur)[3].
- Mención de Honra no Premio “Valentino Bucchi-Parco della música” (Roma, 2014)[4].
- Segundo Premio no “8º Concurso Internacional de Composición da Póvoa de Varzim” (Portugal, 2015)[5].
Obras
editarComp. | Título | Ano | Formación | Duración | Estrea | Galardón | Editado |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Orquestra | Ars Umbrae | 2012-13 | Para orquestra (2.2.1B Cl .2 – 2.2.2.1 – 2 – arp – pno – cordas) | 12' | Ewha Philarmonic Orchestra; dir, Ki-Sun Sung.
Seúl, Seoul Arts Center, Concert Hall, 28-IX-2013 |
“Special Prize” e o “Audience Prize” no “Isang Yun Internacional Competition Price 2013” | Ed:BabelScores[6]. |
Via Láctea. Haiku espiral | 2017 | Para orquestra [3(1.2. alf/pic). 2+1.2+1.2+1 – 4.3.3.0 – tmp+2perc – arp - corda] | 4' | Encargo da Real Filharmonía de Galicia.
Real Filharmonía de Galicia. Paul Daniel, dir. Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, 20 de abril de 2018 |
|||
Cámara | Trío | 2002-2003 | Para clarinete, violín e violonchelo | ||||
Duos-12 II | 2004 | Para clarinete e piano | 1’30’’ | Paula Castro, cl; Pablo Rgez, pno. Vigo, Auditorio Martín Codax, xuño de 2004 | |||
Hedras
|
2005 | Para frauta, clarinete e fagot | 7’30’’ | Zortziko binario. Gondomar, I Xornadas de Música Clásica Contemporánea, 27 de xullo de 2005 | |||
A cor das sombras | 2005 | Para dous pianos | 7' | ||||
Papeis dun diario de a bordo:
|
2007 | Para frauta, percusión, piano,violín e violonchelo. | 26' | Grupo instrumental do Taller de Composición do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Vigo, auditorio Martín Codax, 26-III-2007. |
|||
Ámbar | 2009 | Para ensemble (fl, cl, fg, perc, pno, vl, vla, vc) | 9' | Sax Ensemble; dir, José Luis Temes. Madrid. Auditorio 400, MNCA Reina Sofía. 29 de setembro de 2009 | Primeiro premio “Xavier Montsalvatge”, XX Premio Jóvenes Compositores Fundación Autor – CDMC 2009 | Ed: Babel Scores | |
Metamorfoses da luz | 2010 | Para saxofón alto e cuarteto de corda | 10' | Pablo Coello, sax; Cuarteto de cordas de Matosinhos. Santiago de Compostela, CGAC, 12 de abril do 2011 | Ed: Babel Scores | ||
Ámbar (versión II) | 2010 | Para ensemble ( fl, cl, sax bar, perc pno, vl, vla, vc) | 9' | Versión escrita para Ensemble de saxofóns.
Ensemble de saxos. Dir: Riccardo Ceni. Madrid, Auditorio Nacional da Música -Sala de Cámara-, 18 de decembro de 2010 |
|||
Metamorphoseon | 2011 | Para cuarteto de corda | 9'30'' | Studio for New Music Ensemble. Moscova, Rachmaninov hall of the Moscuw Tchaikovsky Conservatory, 6 de setembro de 2011 | Primeiro premio en “The Sixth International Jurgenson Competition for Young Composers”. | Ed: Babel Scores | |
Sombras de inverno | 2012 | Para saxofón (barítono, soprano), percusión, piano e contrabaixo. | 9' | Comisionado por Vertixe Sonora Ensemble.
Vertixe Sonora Ensemble, Santiago de Compostela, CGAC, 27 de novembro de 2012 |
|||
Sombras de inverno II | 2012 - 2013 | Para saxofón (barítono, soprano), percusión, piano, violonchelo e electrónica. | 10' | RIM (Réaisateur en informatique musicale): Ángel Faraldo.
Comisionado por Vertixe Sonora Ensemble. Vertixe Sonora Ensemble. Madrid, III Festival SON, Casa de las Alhajas, 15 de febreiro de 2013 |
Ed: Babel Scores | ||
Rumor líquido | 2013 - 2014 | Para frauta, clarinete baixo, percusión, piano, violín e violonchelo | 10' | PMCE (Parco della Musica Contemporanea Ensemble). Dir, Tonino Battista. Roma, Auditorium Parco della Musica, Teatro Studio, 16 de maio de 2014 | Mención de Honra no “36º Concorso Intenazionale de Composizione “Valentino Bucchi – Parco della Musica”. | Ed: Babel Scores | |
Luz-non luz | 2016 | Para ensemble (fl,bar sax, tpa, perc, guit elec, pno, acc, vl, vc, cb). | 12' | Vertixe Sonora Ensemble. Ramón Souto, cond. IV Festival de Creación Contemporánea. Auditorio Municipal do Concello, Vigo. 19 de novembro de 2016 | |||
Fragmentos líquidos | 2017 | Para clarinete en Sib, violín e piano | 10' | Volutas Ensemble. II Festival Nas Ondas, Auditorio Martín Codax, Conservatorio Superior de Música de Vigo. 20 de abril de 2017. | |||
Figuras con sólidos e liquedos | 2017 | Para cuarteto de saxsofóns (S, A, T Bar) | 12' | Comisionado por CNDM (Centro Nacional de Difusión Musical).
Sigma Project. Xornadas de Música Contemporánea. University Church, Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2017 |
|||
Solo | 5 Pezas | 2003 | Para piano | Ed: Dos Acordes 2004 | |||
Barthokiada | 2003 | Para piano | Ed: Dos Acordes 2004 | ||||
Ou04
|
2004, rev. 2007-08 | Para piano | 6' 30'' | Víctor Camacho, pno. Pontevedra, Auditorio do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra, 2 de decembro de 2005. | |||
Rumor de frío | 2013 | Para percusión | 9' | Comisionado por Diego Ventoso.
Diego Ventoso, percusión. Lugo, Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes. III Ciclo de Música Contemporánea de Lugo MIHL Sons-XXI, 28 de abril de 2015. |
|||
Rumor de frío II | 2016 | Para saxofón barítono | 7' 30'' | Encargo de Rafael Yebra
Rafael Yebra, sax. University of Macedonia, University Concert Hall. Tessaloniki, Grecia, 13 de abril de 2016 |
|||
Partita / Libro de escoitas I | 2018 | Violonchelo | 22' | Encarga de Thomas Piel (Vertixe Sonora Ensemble)
Thomas Piel, violonchelo. Kunst-Station Sankt Peter Köln, Cologne, 1 de setembro de 2018. |
|||
Voz | Ourentándose ao esquecemento | 2008 | Para soprano e piano | 7' 30'' | Texto de Manuel Antonio.
Pilar Jurado, sopr; Sebastián Mariné, pno. Vilafranca do Bierzo, igrexa de San Francisco, 26-agosto-2008 |
Obra seleccionada do XXIV Curso Internacional de Composición de Vilafranca do Bierzo. 2008 | Ed: Babel Scores. |
Sós | 2015 | Para barítono e piano | 9' | Texto de Manuel Antonio.
André Baleiro, bar; João Paulo Santos, pno. Póvoa de Varzim, Auditório Municipal, 21-xullo-2015. |
Segundo premio no “8º Concurso Internacional de Composiçao da Póvoa de Varzim” | Ed: AVA Musical Editions[7]. |
Notas
editar- ↑ "El mosense Jacobo Gaspar Grandal gana el premio Jóvenes Compositores". La Voz de Galicia. Consultado o 08-10-2020.
- ↑ "The International Jurgenson Competition for Young Composers". Studio New Music Ensemble. Arquivado dende o orixinal o 09-10-2020. Consultado o 08-10-2020.
- ↑ "Isang Yun International Competition Prize 2013". Koreaherald. Consultado o 08-10-2020.
- ↑ "36th composition contest Valentino Bucchi in Rome". Universal Edition. Arquivado dende o orixinal o 15-10-2020. Consultado o 08-10-2020.
- ↑ "8º Concurso Internacional de Composiçao". Póvoa de Varzim. Consultado o 08-10-2020.
- ↑ "BabelScores". BabelScores. Consultado o 08-10-2020.
- ↑ "AVA Musical Editions". AVA Musical Editions. Consultado o 08-10-2020.