Xacobe Casal
xornalista e escritor galego
(Redirección desde «Jacobo Casal»)
Xacobe Casal Rey, finado na Coruña o 20 de abril de 1955[1], foi un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | ? |
Morte | 20 de abril de 1955 ![]() A Coruña, España ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor ![]() |
Familia | |
Fillos | Xohán Casal ![]() |
Traxectoria
editarFoi profesor de cálculo mercantil. Foi director-xerente da revista Vida (1920-1921), colaborou en El Pueblo Gallego e escribiu algunhas pezas teatrais e o libro de contos De como claudicou Xaquín Quiroga, publicado en Lar. Empregado da Caixa de Aforros da Coruña, durante a Segunda República foi secretario xeral da Federación Galega de Caixas de Aforro.
Obras
editar- Limpa, fixa e dá esprendor, representada no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o 12/4/1919.
- No íntimo, estreado tamén en 1919 e publicado en 1924.
- O camiño, comedia.
- De como claudicou Xaquín Quiroga, 1927.[2]
- La Coruña y su provincia, con Ángel del Castillo, Moret, 1930, libro de información turística (en castelán).
Vida persoal
editarCasou en 1915 con María Pardo Pernas e foi pai de Xohán Casal.
Notas
editar- ↑ Noticia en Hoja Oficial del Lunes, 807, 25-4-1955, p. 7
- ↑ Inclúe tres relatos: "De como claudicou Xaquín Quiroga", "¿Celtas ou suevos?" e "Unha crus ben lograda".
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 528. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 120. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Iglesias, Xabier (23/2/2013). "De como claudicou Xaquín Quiroga". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.