Jack Dorsey

(Redirección desde «Jack P. Dorsey»)

Jack Patrick Dorsey, nado o 19 de novembro de 1976[1] é un desenvolvedor de software e empresario estadounidense, coñecido como o creador do servizo de redes sociais de microblogueo orixinalmente coñecido como Twitter e o seu director executivo de 2015 até 2021. Tamén é o fundador e CEO de Square, unha empresa de pagos móbiles[2] e o fundador de Bluesky, outro sitio de microblogueo similar a Twitter. En 2008, foi nomeado como un dos 35 mellores innovadores do mundo con menos de 35 anos.[3]

Modelo:BiografíaJack Dorsey

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
St. Louis (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Director executivo Twitter
5 de outubro de 2015 – 29 de novembro de 2021
← Dick CostoloParag Agrawal →
Director executivo Block, Inc.
2009 –
Presidente Twitter
2008 – outubro de 2015 – Omid Kordestani (en) Traducir →
Director executivo Twitter
2006 – 16 de outubro de 2008 – Evan Williams → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSea Cliff (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoIrlandoamericano e Ítalo-americanos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Nova York
Missouri University of Science and Technology (en) Traducir - sen valor
Bishop DuBourg High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosMarrón claro Editar o valor en Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor, informático teórico, executivo, tech VIP (en) Traducir, programador, blogueiro, empresario, bilionário (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor en Wikidata -
Patrimonio estimado6.700 M$ (abril de 2022) Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaNicole Lapin (valor descoñecido–valor descoñecido)
Kate Greer (2013–2017)
Lily Cole (2012–2013) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm4263038 Twitter: jack Instagram: jack TED: jack_dorsey Flickr: jackdorsey Musicbrainz: 11673100-a5e8-4036-8b64-66a4717e5a7d Songkick: 2087987 Discogs: 279905 WikiTree: Dorsey-2876 Editar o valor en Wikidata

En decembro de 2024, Forbes estimou o seu patrimonio neto en 5.600 millóns de dólares.[4]

Traxectoria

editar

Familia e primeiros anos

editar

Dorsey naceu como Jack Patrick Dorsey en St. Louis, Missouri, fillo de Tim e Marcia (de solteira Smith) Dorsey. É de orixe inglesa, irlandesa e italiana. O seu pai traballaba nunha empresa que desenvolveu espectrómetros de masas e a súa nai era ama de casa.

Foi criado como católico e o seu tío é un sacerdote católico en Cincinnati.[5] Asistiu á escola secundaria Catholic Bishop DuBourg. Na súa mocidade, Dorsey traballou ocasionalmente como modelo.[6][7]

Formación

editar

Aos catorce anos, Dorsey interesouse polo enrutamento do [8]envío (dispatch routing). Algúns dos programas de código aberto que creou na área da loxística aínda son utilizados por empresas de taxis.[9] Dorsey asistiu á Universidade de Missouri–Rolla durante entre 1995 e 1997[10] antes de transferirse á Universidade de Nova York, pero abandonou os estudos en 1999,[11] un semestre antes de graduarse. Ocorréuselle a idea da rede social de microblogueo que desenvolveu como Twitter mentres estudaba na NYU.[12]

Carreira profesional

editar

Mentres traballaba no despacho como programador, Dorsey trasladouse a California.[13] En 2000, Dorsey iniciou a súa empresa en Oakland para enviar correos, taxis e servizos de emerxencia desde a web.[14] Os seus outros proxectos e ideas neste momento incluían redes de dispositivos médicos e un "mercado de servizos sen friccións". En xullo de 2000, baseándose no despacho (dispatching) e inspirado en parte por LiveJournal e por AOL Instant Messenger, tivo a idea dun servizo de comunicación de estado/mensaxes curtas baseado na web en tempo real.[15] Cando viu por primeira vez implementacións de mensaxería instantánea, Dorsey preguntouse se a saída do estado do usuario do software podería compartirse facilmente entre amigos. Achegouse a Odeo, que naquel momento estaba interesado polas mensaxes de texto. Dorsey e Biz Stone decidiron que o texto SMS se adaptaba á idea da mensaxe de estado e construíron un prototipo de Twitter nunhas dúas semanas. A idea atraeu a moitos usuarios de Odeo e o investimento de Evan Williams, cofundador desa firma en 2005 que deixara Google despois de vender Pyra Labs e Blogger.

En 2013 foi nomeado membro independente do consello de administración de The Walt Disney Company.[16]

Cando viu por primeira vez implementacións de mensaxería instantánea, Dorsey preguntouse se a saída do estado do usuario do software podería compartirse facilmente entre amigos. Achegouse a Odeo, que naquel momento estaba interesado polas mensaxes de texto. Dorsey e Biz Stone decidiron que o texto SMS se adaptaba á idea da mensaxe de estado e construíron un prototipo de Twitter nunhas dúas semanas. A idea atraeu a moitos usuarios de Odeo e o investimento de Evan Williams, cofundador desa firma en 2005 que deixara Google despois de vender Pyra Labs e Blogger.

En 2013 foi nomeado membro independente do consello de administración de The Walt Disney Company.[17]

Dorsey cofundou Bluesky en 2019 como un proxecto dentro de Twitter, mentres aínda era o CEO da empresa, concibido como unha plataforma descentralizada que permitiría aos usuarios maior control sobre como se comparten e moderan os seus contidos.[18] En 2021 deixou o seu cargo en Twitter, antes de que Elon Musk fixese a súa oferta para comprar a compañía en 2022, por consideracións internas sobre a dirección e futuro de Twitter​. Dorsey afirmou que Twitter era o máis parecido que había no mundo a unha "consciencia global", e nun principio, achou que a compra por parte de Musk podería liberar a empresa dos ditados de Wall Street.[19]

  1. "Quen é Jack Dorsey, cofundador de Twitter, Square...?". ajc.com (en inglés). 
  2. "Flickr Document Reveals Origin Of Twitter". blog.wired.com. Consultado o 2025-01-22. 
  3. "Jack Dorsey". MIT Technology Review (en inglés). Consultado o 2025-01-22. 
  4. "Jack Dorsey". Forbes. Consultado o 2024-12-09. 
  5. Barker, Tim (2009-11-15). "Native son sets St. Louis atwitter 'He's always seen life a little differently,' uncle says of Twitter creator.". STLtoday.com (en inglés). Consultado o 2025-01-22. 
  6. "I read Gray's Anatomy". 2006-07-13. Consultado o 2025-01-22. 
  7. "Noele took pictures of me". 2006-07-13. Consultado o 2025-01-22. 
  8. Rampton, John (2016-09-22). "12 of the most successful entrepreneurs who dropped out of college". Mashable (en inglés). Consultado o 2025-01-22. 
  9. "Twitter Founders Thrive on Micro-Blogging Constraints". MediaShift (en inglés). 2007-05-17. Consultado o 2025-01-22. 
  10. tbarker@post-dispatch.com 314-340-8350, Tim Barker (2009-11-15). "Native son sets St. Louis atwitter 'He's always seen life a little differently,' uncle says of Twitter creator.". STLtoday.com (en inglés). Consultado o 2025-01-22. 
  11. Rampton, John (2016-09-22). "12 of the most successful entrepreneurs who dropped out of college". Mashable (en inglés). Consultado o 2025-01-22. 
  12. Contributor (2010-04-28). "When Jack Dorsey Met Fred Wilson, And Other Twitter Tales (Book Excerpt)". TechCrunch (en inglés). Consultado o 2025-01-22. 
  13. "jack (@jack) on X". X (formerly Twitter) (en inglés). Consultado o 2025-01-22. 
  14. "twttr sketch". 2006-03-24. Consultado o 2025-01-22. 
  15. "Twitter Founders Thrive on Micro-Blogging Constraints". MediaShift (en inglés). 2007-05-17. Consultado o 2025-01-22. 
  16. MarketScreener (2013-12-23). "The Walt Disney Company Elects Jack Dorsey as Independent Director". www.marketscreener.com (en inglés). Consultado o 2025-01-22. 
  17. MarketScreener (2013-12-23). "The Walt Disney Company Elects Jack Dorsey as Independent Director". www.marketscreener.com (en inglés). Consultado o 2025-01-22. 
  18. "Britannica Money". www.britannica.com (en inglés). 2025-01-21. Consultado o 2025-01-22. 
  19. "Former Twitter CEO Jack Dorsey Issues Surprising Statement About Elon Musk Buying Company". www.dailywire.com (en inglés). 2022-04-26. Consultado o 2025-01-22. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar