Jacinto Nogueira Nogueira
Jacinto Nogueira Nogueira, nado en Vigo cara a 1910 e finado en febreiro de 1988, foi un político comunista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1910 Vigo, España |
Morte | febreiro de 1988 (77/78 anos) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Comunista de España |
Traxectoria
editarFillo de Ángel Nogueira Grossi, e irmán de Ángel Nogueira Nogueira, que se suicidou no asalto do bou Eva coa súa muller Carmen Miguel Agra. Con ese motivo rexistraron o seu domicilio e foi detido. Foi destinado a un batallón de traballadores. Regresou a Vigo e estivo agochado. Integróuse na dirección do Partido Comunista de España en Vigo na clandestinidade xunto con Eladio Rodríguez González, axudados por Francisco Herrera. Foi secretario xeral do Comité Rexional do PCE de Galicia, que tiña a Francisco Barreiro Barciela como secretario de Axitación e Propaganda e a Francisco Herrera como secretario de organización.
Trala caída de Eleuterio Lobo Martín foi detido en Vigo por axentes da Brigada Político Social 26 de outubro de 1941 xunto con Eladio Rodríguez e Francisco Barreiro. Xulgado en Madrid, foi condendo á pena de morte. Conmutada a trinta anos de prisión, pasou por varias cadeas recalando finalmente no penal de El Dueso (Santoña) de onde saíu en liberdade condicional en 1949.[1] Nos anos cincuenta foi axente de COPIBA en Barcelona.[2]
Vida persoal
editarCasou con María Cao Rodríguez e foi pai de Ángel Nogueira Cao e María José Nogueira Cao.[3]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández Rodríguez, Carlos (2020). Los otros camaradas: El PCE en los orígenes del franquismo (1939-1945) (en castelán). Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza. pp. 348–351. ISBN 9788417873707.