Ivan Vazov
Ivan Minchov Vazov (en búlgaro: Иван Минчов Вазов), nado en Sopot o 27 de xuño de 1850 e finado en Sofía o 22 de setembro de 1921, foi un poeta, novelista e dramaturgo búlgaro, coñecido como "o patriarca da literatura búlgara".[1][2][3] Naceu en Sopot, localidade do val das Rosas de Bulgaria (entón parte do Imperio Otomán). As obras de Ivan Vazov transcorren en dúas épocas históricas, o renacemento búlgaro e a época trala independencia.
Vazov ten o máis alto título de honra da Academia Búlgara das Ciencias. Foi Ministro de Educación e Ilustración Popular entre o 7 de setembro de 1897 e o 30 de xaneiro de 1899, representando ao Partido Popular.
Traxectoria
editarA data exacta do nacemento de Vazov é discutida. Os seus pais, Saba e Mincho Vazov tiveron unha grande influencia no mozo.
Tras rematar a escola primaria en Sopot, Mincho enviou o seu fillo a Kalofer, designado profesor axudante. Tras facer os seus exames finais en Kalofer, o mozo profesor volveu a Sopot a axudar na tenda do seu pai. O seguinte ano, o seu pai enviouno a Plovdiv a escola de Naiden Gerov. Aló, Vazov deu os seus primeiros pasos como poeta.
Volveu a Sopot só para marchar logo a Oltenița en Romanía, xa que o seu pai desexaba que se convertese en aprendiz e estudante de comercio co seu tío, aínda que Vazov non amosou interese polo comercio. Pola contra, mergullouse na literatura e axiña marchou de onda o seu tío e marchou a Brăila, onde viviu con revolucionarios búlgaros no exilio e coñeceu a Hristo Botev, revolucionario e poeta.
En 1874, uniuse á loita pola independencia de Bulgaria do Imperio Otomán. Volveu a Sopot o ano seguinte, facéndose membro do comité revolucionario local. Tralo fracaso do levantamento de abril de 1876, tivo que abandonar o país, marchando a Galaţi, onde estaban exiliados a maioría dos revolucionarios sobreviventes. Alí foi nomeado secretario do comité.
Vazov foi influenciado probablemente por Botev, que era o líder ideolóxico do movemento revolucionario búlgaro. Comezou a escribir os seus famosos poemas con Botev e outros emigrantes búlgaros en Romanía. En 1876 publicou a súa primeira obra, "Пряпорец и гусла", seguida por "Тъгите на България" en 1877.
Bulgaria conseguiu a súa independencia en 1878 trala guerra ruso-turca e Vazov escribiu o célebre Епопея на забравените. Converteuse no editor das revistas políticas Science e Dawn. Con todo, foi obrigado a exiliarse unha vez máis, desta volta a Odesa, a causa da persecución da facción política rusófila. Volveu a Bulgaria coa axuda da súa nai Suba Vazova e comezou a dar clases. A seguinte parada na súa vida foi en Svishtov, onde se converteu en funcionario.
Mudouse a Sofía en 1889, e comezou a publicar a revista Dennitsa. A novela de 1888 Pod igoto, que mostra a opresión otomá en Bulgaria, é a obra máis coñecida da literatura búlgara clásica e foi traducida a máis de trinta linguas.[4]
Ao final da súa vida, Vazov foi unha figura destacada e amplamente respectada na vida social e cultural da Bulgaria independente.
Outras obras
editarAlgunhas das obras máis célebres de Vazov son Нова земя (1894), Песни за Македония (1914) e Не ще загине (1920) e as obras de teatro Хъшове (1894), Borislav (1909) e Ivaylo (1911).
Lugar histórico
editarA casa de Vazov en Sofía converteuse nun museo que contén unha recreación da súa residencia con mobles de época e o seu can disecado. O museo está situado na esquina das rúas Ivan Vazov e Georgi S. Rakovski.
Honras
editarO teatro nacional Ivan Vazo de Sofía recibiu o seu nome, igual que a biblioteca nacional Ivan Vazov de Plovdiv. Un parque preto da igrexa de Santa Sofía da capital búlgara acolle o monumento máis coñecido a Vazov.
A rúa Vazovova de Bratislava e o Vazov Point e Vazov Rock na illa Livingston nas illas Shetland do Sur na Antártida tamén recibiron o seu .[5]
En 1917, foi candidato ao premio Nobel de literatura.[6]
Notas
editar- ↑ Bourchier, J. D. (1910). "Bulgaria". The Encyclopaedia Britannica; A Dictionary of Arts, Sciences, Literature and General Information. IV (BISHARIN to CALGARY) (11.ª ed.). Cambridge, England: At the University Press. p. 786. Consultado o 18 de xuño de 2018 – vía Internet Archive.
- ↑ Grogan, Ellinor (xuño de 1922). "Ivan Vazov". The Slavonic Review 1 (1): 225–227. JSTOR 4201601.
- ↑ Robinson, Lucy Catlin Bull (1917). "Ivan Vazov, Critical and Biographical Introduction". En Warner, C.D. et. al. The Library of the World's Best Literature. An Antology in Thirty Volumes 26. Consultado o 18 de xuño de 2018 – vía Bartleby.com (Great Books Online).
- ↑ Vazoff, Ivan (1912). Under the Yoke: A Romance of Bulgarian Liberty with An Introduction by Edmund Gosse. Londres: William Heinemann. Consultado o 17 de xuño de 2018 – vía Internet Archive.
- ↑ Vazov Point SCAR Composite Gazetteer of Antarctica
- ↑ "Nomination Database". Consultado o 27 de maio de 2016 – vía Nobelprize.org.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ivan Vazov |
Bibliografía
editar- Bull, Lucy Catlin (1897). "Ivan Vazoff (1850 -)". En Warner, Charles Dudley. Library of the World's Best Literature. Ancient and Modern 26. Nova York: R.S.Peale and J.A. Hill. pp. 15263–15286. Consultado o 18 de xuño de 2018 – vía Internet Archive.
- Tsanov, Radoslav A. (1908). "Ivan Vazoff: Balkan Poet and Novelist". Poet Lore, A Magazine of Letters (Nova York: AMS Reprint Company) 19: 98–110. Consultado o 18 de xuño de 2018 – vía HathiTrust Digital Library.
- Gosse, Edmund (1912). "Introduction". Under the Yoke: A Romance of Bulgarian Liberty by Ivan Vazoff. Londres: William Heinemann. pp. i–ix. Consultado o 18 de xuño de 2018 – vía Internet Archive.
- Keller, Helen Rex (1923). "Under the Yoke ("Pod Igoto)". The Reader's Digest of Books. New York: The Macmillan Company. pp. 868–869. Consultado o 18 de xuño de 2018 – vía HathiTrust Digital Collection.
- Ташев, Ташо. Министрите на България 1879-1999. София, АИ „Проф. Марин Дринов“ / Изд. на МО, 1999. ISBN 978-954-430-603-8 / ISBN 978-954-509-191- 9. с. 74-75.
- Карчев, Петър. През прозореца на едно полустолетие (1900-1950), София, 2004, стр. 274.
- Михаил Арнаудов. „Македония като българска земя“. (беседа, държана в Битоля на 4 юли 1941 г.)
- Бачева, Ирина и др. Кратък летопис. // vazovmuseum.com. Къща музей "Иван Вазов" - Сопот, 2013. Посетен на 2013-03-18.
- Аврамов, Румен. Комуналният капитализъм: Т.II. София, Фондация Българска наука и култура / Център за либерални стратегии, 2007. ISBN 978-954-90758-8-5. с. 22.
- SCAR Composite Gazetteer of Antarctica: Vazov Point.
- Нацева, Розалина, Любен Иванов, Инес Лазарова, Петя Кръстева. Каталог на българските банкноти. Българска народна банка. С., 2004. ISBN 954-9791-74-2, с. 107