Ivan Bunin
Iván Alexéievich Bunin, en cirílico ruso Иван Алексеевич Бунин, nado en Voronezh o 22 de outubro de 1870 e finado en París o 8 de novembro de 1953, foi un escritor ruso. Gañou o Premio Puxquin de literatura.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (ru) Иван Алексеевич Бунин ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de outubro de 1870 ![]() Voronej, Rusia (pt) ![]() ![]() |
Morte | 8 de novembro de 1953 ![]() 16º distrito de París, Francia ![]() |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio ![]() |
Lugar de sepultura | Cemitério Russo de Sainte-Geneviève-des-Bois (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Novela, conto, poesía e diario ![]() |
Ocupación | escritor, prosista, dramaturgo, poeta, tradutor, gañador do Premio Nobel ![]() |
Período de actividade | 1887 ![]() ![]() |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Familia | House of Bunin (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Vera Muromtseva-Bunin (1922–) Anna Tsakni (1898–valor descoñecido), divorcio ![]() |
Irmáns | Yuly Bunin ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Concise Literary Encyclopedia (en) ![]() Enciclopedia Larousse en liña Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бунин Иван Алексеевич) ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarNado na Rusia Central, no seo dunha familia nobre, viviu ata os sete anos na propiedade que os seus pais posuían en Yelets. Educouse no fogar paterno baixo a disciplina dun titor, quen lle ensinou a ler e escribir utilizando unha tradución ao ruso de Don Quixote, cos contos e lendas de Gogol e co Robinson Crusoe.
Durante algún tempo estudou na Universidade de Moscova. Publicou os seus primeiros poemas en 1897 nunha revista literaria de San Petersburgo. A súa primeira colección de poemas, Listopad, apareceu en 1901 sendo calidamente acollida pola crítica. En 1903 recibiu o Premio Pushkin da Academia rusa polas súas traducións ao ruso das obras do poeta estadounidense Henry Wadsworth Longfellow, así como dos poetas ingleses Lord Byron e Alfred Tennyson.
Nos anos previos ao comezo da primeira guerra mundial adicouse a viaxar por Italia, Turquía, Palestina, Exipto, Grecia, Alxeria e Tunisia. Tras a revolución rusa de 1917, en 1919 emigrou a París, onde se estableceu, vivindo modestamente ata a súa morte acaecida en 1953.
Obra literaria
editarA súa poesía continúa a tradición clásica dos parnasianistas e, especialmente, de Aleksandr Pushkin. A partir de 1920, debido ao seu exilio, a súa poesía derivou cara a un lirismo máis acentuado. Cultivou tamén o conto e a novela, fiel ao realismo ruso do século XIX. Vladimir Nabokov encomiou a súa poesía, comparándoa coa de Alexander Blok, pero despreciou a súa prosa.
En 1933 recibiu o Premio Nobel de Literatura pola súa arte, coa cal continuou as tradicións rusas clásicas na escritura da prosa. Na viaxe a través de Alemaña para aceptar o premio en Estocolmo, os nazis, aparentemente facendo un control de xoias, detivérono, coñecedores da forte oposición do autor ao réxime nazi.
Obras seleccionadas
editar
Prosaeditar |
Poesiaeditar |