Iuri Gidzenko
Cosmonauta ruso
Iuri Pavlovich Gidzenko, nado en Elanets (Oblast de Mikolaiv) o 26 de marzo de 1962, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TM-22, Soiuz TM-31, Soiuz TM-34, Soiuz TM-33 e STS-102, e ademais foi membro da Expedición 1 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de marzo de 1962 (62 anos) Yelanets, Ucraína (en) |
Educación | Moscow State University of Geodesy and Cartography (en) (–1994) |
Actividade | |
Ocupación | aviador, militar, astronauta, test cosmonaut (en) |
Carreira militar | |
Rama militar | Forza Aérea de Rusia |
Rango militar | colonel (en) |
Tempo no espazo | 329 días, 22 horas e 44 minutos |
Actividade extravehicular | 2 (3 horas e 43 minutos) |
Misión do astronauta | |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarGidzenko graduouse na Escola Superior de Pilotos Militares en Khárkiv (Ucraína) en 1983 e na Universidade do Estado de Xeodesia e Cartografía en Moscova en 1994.[1]
Adestrouse para ser cosmonauta entre decembro de 1987 e xuño de 1989. Participou nas misións Soiuz TM-22, Soiuz TM-31, Soiuz TM-34, Soiuz TM-33 e STS-102 e foi membro da Expedición 1 á ISS. Pasou un total de 329,95 días no espazo.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Gidzenko, Yuri Pavlovich" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2020.
- ↑ NASA (ed.). "Preflight Interview: Yuri Gidzenko" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2020. Consultado o 30 de abril de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iuri Gidzenko |