Itínere
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Itínere Infraestructuras, S.A. é un dos principais xestores de infraestruturas españois. Posúe actualmente 6 concesións de autoestradas que suman un total de 609 quilómetros.
Itínere Infraestructuras S.A | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1996 |
Localización | Lugo |
Persoas clave | Juan María Nin (presidente), Javier Pérez Gracia (conselleiro delegado) |
Industria | Autoestradas |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarNaceu dentro do grupo Sacyr Vallehermoso en 1996. En 2003 multiplicou os seus activos ao adxudicarse o 100 % da Empresa Nacional de Autopistas e colócase como segunda empresa en número de quilómetros de autoestradas de España.
En xuño de 2009 Citi Infrastructure Parterns lanzou unha oferta pública de adquisición polo 100 %, desprendéndose posteriormente de varias concesións de autoestradas en favor de Abertis, Sacyr e Atlantia.
Concesións
editarAs súas concesións concéntranse case todas no norte de España:
Concesionaria | Autoestrada | Tramos |
---|---|---|
Autoestradas de Galicia | AG-55 | A Coruña - Carballo |
Autoestradas de Galicia | AG-57 | Puxeiros - Baiona |
Audasa | AP-9 | Ferrol - Tui |
Aucalsa | AP-66 | Campomanes - León |
Audenasa | AP-15 | Tudela - Irurzun |
Acega | AP-53 | Santiago de Compostela - Alto de San Domingos (Dozón) |