Isaura Abelairas
María Isaura Abelairas Rodríguez, nada en Taboada o 25 de xuño de 1951[1] e finada en Vigo o 3 de xuño de 2021, foi unha mestra e política galega do PSdeG-PSOE, deputada no Parlamento de Galicia pola circunscrición electoral de Pontevedra.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xuño de 1951 ![]() Taboada, España ![]() |
Morte | 3 de xuño de 2021 ![]() Vigo, España ![]() |
Causa da morte | Carcinoma ![]() |
![]() | |
2020 – Electa en: Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 | |
Concelleira | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | mestra, política ![]() |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia ![]() |
Familia | |
Fillos | dúas (Patricia e Xela) ![]() |
Traxectoria
editarMestra de profesión, daba clase de galego e foi a directora do CEIP Emilia Pardo Bazán de Vigo[2] (o colexio do Chouzo) durante moitos anos. Foi elixida concelleira do concello de Vigo a principios do século XXI, e retivo a súa acta de concelleira ata as eleccións de 2019, cando decidiu non continuar.[3] No consistorio vigués ocupouse de varias áreas ao longo dos anos, entre elas Benestar Social.
Tamén foi deputada provincial na Deputación de Pontevedra entre 2018 e 2019, onde se encargou da área de Igualdade.[3] Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 levou o número dous na lista do PSdG-PSOE pola circunscrición electoral de Pontevedra,[4] e obtivo acta de deputada autonómica.
Vida persoal
editarCasou e tivo dúas fillas, Patricia (finada en xaneiro de 2022) e Xela. En 2017 revelou publicamente que padecía cancro, en concreto un carcinoma de partes brandas que metastizara na parénquima pulmonar.
Notas
editar- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Abelairas Rodríguez, Mª Isaura". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 10. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ Martínez, Alejandro; Sampedro, Domingos (3 de xuño de 2021). "Muere Isaura Abelairas, diputada autonómica y exconcejala socialista en Vigo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 Villanueva, Elena (4/6/2021). "“Nos dio una lección de vida a todos”". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 4/6/2021.
- ↑ "Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isaura Abelairas |
Bibliografía
editar- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 10. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
editar- Parlamento de GaliciaArquivado 17 de agosto de 2020 en Wayback Machine.