Iria Aboi
Iria Aboi Ferradás, nada en Marín o 3 de setembro de 1982, é unha filóloga galega, exsecretaria xeral de Galiza Nova.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de setembro de 1982 (42 anos) Marín, España |
7ª Secretaria Xeral de Galiza Nova | |
2007 – 2012 ← Xosé Emilio Vicente – Alberte Mera → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | política, filóloga, profesora |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Traxectoria
editarEstudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela.
Milita no BNG dende os 14 anos. Ocupou postos de responsabilidade nos Comités Abertos de Estudantes (CAE) e nos Comités Abertos de Faculdade (CAF). É membro do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego desde 2006. Foi parte da Dirección Nacional de Galiza Nova e pertence á Unión da Mocidade Galega.
Foi elixida como secretaria xeral de Galiza Nova na décima asemblea nacional desa organización, celebrada o 30 de marzo de 2007, na que se enfrontaron dúas candidaturas: unha de coalición Isca - Esquerda Nacionalista-Mocidade, Encontro Irmandiño con independentes (que levaba como número cinco ao anterior secretario xeral, Xosé Emilio Vicente Caneda) e a encabezada por Iria Aboi composta por membros da UMG e militantes independentes, que recibiu o 60 % dos votos (177 fronte a 111).
Na XI Asemblea Nacional, que tivo lugar do 24 ao 25 de outubro de 2009, resultou reelixida no cargo con 184 votos a favor (57,5 % dos emitidos), sendo a primeira muller en acceder a este posto. Non se presentou para unha segunda reelección, e o 18 de novembro de 2012, no marco da XII Asemblea Nacional, foi substituída no cargo por Alberte Mera García.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Colaboracións en Terra e Tempo Arquivado 18 de xullo de 2020 en Wayback Machine.
- Entrevista en Vieiros