Iria (nome)

nome propio feminino

Iria[1][2] é un nome propio feminino galego. A súa orixe é o topónimo prerromano da antiga sé da diocese compostelá de Iria Flavia, no actual concello de Padrón. A etimoloxía do nome é incerta e non se puido asociar a ningunha hipótese de maneira satisfactoria.[2] É un nome moi popular dende as últimas décadas do século XX, sendo o nome distintivo galego máis común nas mulleres.[2]

En xaneiro de 2023 existían 6.132 mulleres en Galicia co nome Iria, cunha media de idade de 24,7 anos.[3]

Historia do nome

editar

Iria foi unha antiga cidade galaica do convento xurídico lucense. No ano 74, durante o mandato de Vespasiano, converteuse en municipium e adoptou o nome de Iria Flavia na honra á familia do emperador.[2]

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. Nome Iria na Web do Intituto Galego de Estatística

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar