Inocente Domínguez Gaona

futbolista paraguaio

Inocente Domínguez Gaona, coñecido como Gaona, nado en Capiatá (Departamento Central) o 24 de decembro de 1945, é un exfutbolista paraguaio. Xogaba de defensa.

Modelo:BiografíaInocente Domínguez Gaona
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1945 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Departamento Central, Paraguai Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña

Traxectoria

editar

Chegou a España dende o Libertad de Asunción en 1968.[1] Na tempada 1968–69 debutou en Primeira División co Deportivo da Coruña, da man de Cheché Martín. O seu debut produciuse na primeira xornada, nunha derrota a domicilio fronte o CD Málaga (3–1). Esa campaña xogou 8 encontros máis, sen coñecer en ningún a vitoria.

Na tempada seguinte foi cedido ao Nàstic de Tarragona, da Terceira División, regresando a continuación á Coruña. Permaneceu na disciplina branquiazul durante dúas tempadas máis, pero sen xogar ningún encontro oficial. Co club coruñés sufriu un descenso a Segunda División na campaña 1969–70, con ascenso a Primeira na seguinte tempada.

En 1972 fichou polo Racing de Ferrol, co que xogou nas temporadas 1972/73 e 1973/74 en Terceira División, e nos seguintes anos pasou polo Lemos e o Arousa, da mesma categoría.

Vida persoal

editar

Caso na Coruña con Marisol Carrera Mera, coa que tivo un fillo, Marco Antonio.[2]

  1. "Le pusieron Inocente porque nació el 28 de diciembre". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de outubro de 1968. p. 15. 
  2. "Marisol Carrera Mera". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de outubro de 1996. p. 89.