Iniciativa Aragonesa
Iniziatiba Aragonesa | |
Partido político | Iniziatiba Aragonesa |
Data de fundación | 28 de marzo de 1996 |
Ideoloxía | Centrista, nacionalista aragonés |
Ámbito | Aragón |
Sede central | c/. Lausana, 17. 2º. B Zaragoza (España) |
Presidente | Manuel Escolá Hernando |
Web do partido | www.inar.org |
Iniciativa Aragonesa (ou en aragonés Iniziatiba Aragonesa), INAR, é un partido político español de ámbito aragonés. Orixinouse como unha escisión do Partido Aragonés, e está liderado por Manuel Escolá Hernando, que con anterioridade ocupaba escano coma deputado das Cortes de Aragón polo Partido Aragonés e do Parlamento Europeo por Coalición Nacionalista. Tivo unha implantación testemuñal, pois en diversas eleccións quedou bastante lonxe do 1% dos votos. Nas diversas eleccións posteriores ao ano 2003 INAR estivo inactiva politicamente e non presentou ningunha candidatura. Mais o partido oficialmente non se disolveu.
Ideoloxía
editarÉ un partido nacionalista aragonés. Provocou certa polémica ao lanzar unha campaña contra o Plan Hidrolóxico Nacional de España que co berro de Apadrina un murciano, parodiaban unha ONG que envía botellas de auga aos habitantes de Murcia, España.
Resultados electorais
editarNas eleccións xerais de España de 2000 e autonómicas de 2003 presentou candidaturas nas tres circunscricións electorais aragonesas, sen obter representación parlamentaria. Foi a sétima opción política máis votada dun total de quince en ámbolos dous comicios.
e data |
provincia Huesca |
tados |
provincia Teruel |
tados |
provincia Zaragoza |
tados |
total Aragón |
tados | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xerais de España 2000 | 135 | 0,11 | - | 61 | 0,07 | - | 846 | 0,17 | 1.042 | 0,15 | - | |
Autonómicas 2003 | 207 | 0,16 | - | 62 | 0,07 | - | 1.434 | 0,29 | - | 1.703 | 0,24 | - |
Municipais 2003 | 92 | 0,07 | 1 | 39 | 0,05 | - | 1.131 | 0,23 | - | 1.262 | 0,18 | 1 |
- Eleccións municipais do 2003: presentou candidatos en dezaseis municipios aragoneses, dous na provincia de Huesca, seis na de Teruel e oito na provincia de Zaragoza. Na localidade de Jasa conseguiu un concelleiro, sendo este o único representante obtido por INAR até o de agora.
Huesca | Huesca | 53 | 0,22 | 0 |
Jasa | Huesca | 39 | 27,66 | 1 |
Cañizar del Olivar | Teruel | 7 | 11,48 | 0 |
Libros | Teruel | 1 | 0,67 | 0 |
Pitarque | Teruel | 2 | 2,70 | 0 |
Terriente | Teruel | 4 | 2,88 | 0 |
Teruel | Teruel | 21 | 0,12 | 0 |
Torres de Albarracín | Teruel | 4 | 2,84 | 0 |
Alborge | Zaragoza | 3 | 3,30 | 0 |
Chodes | Zaragoza | 1 | 0,83 | 0 |
Monterde | Zaragoza | 2 | 0,93 | 0 |
Olvés | Zaragoza | 2 | 2,00 | 0 |
Pomer | Zaragoza | 2 | 8,33 | 0 |
Puebla de Albortón | Zaragoza | 10 | 7,14 | 0 |
Samper de Salz | Zaragoza | 1 | 0,88 | 0 |
Zaragoza | Zaragoza | 1.110 | 0,33 | 0 |