Inesivo
En gramática, inesivo é o nome dun caso no que vai unha palabra cando se quere indicar o lugar en cuxo interior se realiza a acción o proceso do verbo. En galego correspóndese coa preposición en ou con dentro de.
Por exemplo, en turco evlerimde significa 'dentro das miñas casas', de ev 'casa'. En finés, 'na casa' é talo·ssa, maja·s en estoniano, etxea·n en éuscaro e ház·ban en húngaro.
Linguas aglutinantes
editarNas linguas aglutinantes, este caso esprémese habitualmente mediante un afixo:
Linguas flexivas
editarNas linguas flexivas, o caso exprésase normalmente mediante unha preposición, ou tameń mediante flexión:
- preposición à en francés: la maison, "a casa" → à la maison "na casa" (en galego, a preposición é en).
- preposición in e flexión do dativo en alemán: das Haus "a casa" → in dem Haus(e) ou im Haus(e)
En certas linguas indoeuropeas, a utilización dunha flexión permite opor o inesivo e o ilativo, que fan uso normalmente da mesma preposición:
- en latín
- en alemán:
Noutras linguas desta familia, entre elas o galego, esta oposición vén dada unicamente polo contexto ou polo cotexto (por exemplo, pola utilización un verbo de movemento ou estático).