Incendios forestais do sur de California en xaneiro de 2025
(Redirección desde «Incendios forestais do sur de California en Xaneiro de 2025»)
Este artigo ou sección refírese a un tema de actualidade. A información fornecida aquí pode cambiar en calquera momento segundo avanza o evento, e os informes iniciais poden ser pouco fiables. Por favor, non achegues datos especulativos e lembra incluír referencias e citar as fontes. |
O 7 de xaneiro do 2025, unha serie de incendios forestais afectaron a área metropolitana dos Ánxeles e as rexións circundantes. Os incendios, que inclúen o Palisades Fire, Eaton Fire, Hurst Fire e Sunset Fire, víronse exacerbados por unha humidade moi baixa e os ventos de Santa Ana, con forza de furacán, que nalgúns lugares superaron os 130 km/h. A partir do 23 de xaneiro, os incendios forestais provocaron 27 vítimas mortais[1], destruíron ou danaron máis de 17.711 estruturas e obrigaron a evacuar máis de 205.000 persoas.
en xaneiro de 2025 | |
---|---|
Data(s) | 7 de xaneiro do 2025 – presente |
Localización | Condado dos Ánxeles, Condado de Orange,
Condado de Riverside, Condado de San Bernardino, Condado de San Diego e Condado de Ventura, |
Estatísticas | |
Superficie queimada | 195 km² (19.526 ha) |
Impacto | |
Mortes | 27[1] |
Desaparecidos | >31 |
Feridos | >22 |
Evacuados | 205.000 |
Estruturas destruídas | >17.711 (destruídas ou danadas) |
Perdas económicas | 145.780.500.000 € (provisional) |
Ignición | |
Causa | Baixo investigación, agravado polos fortes ventos de Santa Ana, tormentas de vento e condicións de seca |
Mapa | |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 País, El (2025-01-10). "Incendios en California, en vivo | Asciende a 10 la cifra de muertos por los incendios en Los Ángeles". El País US (en castelán). Consultado o 2025-01-10.