Inírida
cidade e concello do departamento de Guainía
Inírida (antes chamado Puerto Inírida) é un concello de Colombia, capital do departamento de Guainía, así como a súa cidade máis poboada. A temperatura media é de 25 °C.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamento | Guainía ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 19.816 (2015) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Altitude | 95 m ![]() | ||||
Creación | 1963 ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 940001–940009 ![]() | ||||
Sitio web | inirida-guainia.gov.co… ![]() |
Toponimia
editarO topónimo «Inírida» significa «Espelliño de Sol» na lingua puinave falada polo pobo punaive, de Guainía.[1] Segundo a lenda indíxena, Inírida foi unha princesa que se converteu na flor de Inírida, que só crece nos arredores húmidos e areosos da poboación, preto dos ríos Inírida e Guainía. É unha flor vermella con visos brancos, parecida a unha espiga que aparece na bandeira de Inírida e no escudo do departamento de Guainía.[2]
Notas
editar- ↑ Alijo Digital - La princesa Inírida
- ↑ "Colombia Travel - «Camina por las sabanas de la flor de Inírida.» (Consultado el 26 de octubre de 2017).". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2018. Consultado o 13 de novembro de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Inírida |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en castelán)