Inês Lourenço

poetisa portuguesa

Inês Lourenço, nada no Porto o 7 de novembro de 1942, é unha poeta portuguesa.

Modelo:BiografíaInês Lourenço

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Porto, Portugal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, escritora Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

É licenciada en Linguas e Literaturas Modernas (Estudos Portugueses) pola Facultade de Letras da Universidade do Porto.

Está representada en diversas antoloxías e numerosas escolmas de poesía. Os seus poemas foron publicados en varios xornais e revistas portuguesas como: Jornal de Letras, Artes e Ideias; Cadernos de Serrúbia; Colóquio/Letras; Relâmpago, Inimigo Rumor; Telhados de Vidro, Águas Furtadas, Poezine, Cão Celeste #7, Piolho, Cintilações, Eufeme, Gazeta Literária, etc. Colaborou, igualmente, en publicacións de poesía do Brasil, España, Francia, Italia, México, Austria, Marrocos e Romania, con poemas seus que foron traducidos nas respectivas linguas.

Coordinou e editou, entre 1987 e 1999, os Cadernos de Poesia – Hífen, con 13 números editados, na súa maioría temáticos, publicación de carácter interxeracional, na cal participaron, con colaboracións inéditas, gran parte dos poetas portugueses contemporáneos, así como poetas doutras linguas.

O 9 de xullo de 2023 foi galardoada coa Medalla do Mérito pola Cámara Municipal do Porto.[1]

Obras de poesía

editar
  • Cicatriz 100%, Editora das Mulheres, Lisboa, 1980.
  • Retinografias, Editora das Mulheres, Lisboa, 1986.
  • Os Solistas, Limiar, Porto, 1994.
  • Teoria da Imunidade, Felício & Cabral, Porto, 1996.
  • Um Quarto com Cidades ao Fundo (poesía reunida, 1980-2000, con vinte inéditos) Quasi Edições, V.N. Famalicão, 2000.
  • A Enganosa Respiração da Manhã, Edições Asa, Porto, 2002.
  • Logros Consentidos, Ed.& etc, Lisboa, 2005.
  • A Disfunção Lírica, Ed. & etc, Lisboa, 2007.
  • Coisas que nunca, Ed. & etc, Lisboa, 2010.
  • Câmara Escura, (antoloxía seleccionada por Manuel de Freitas), Ed. Língua Morta, Lisboa, 2012.
  • O Instante Anterior, Ed. Texto Sentido, colecção Quase Dito, Porto, 2014.
  • O Segundo Olhar, (poemas escollidos, selección, organización e posfacio de José Manuel Teixeira da Silva), Ed. Companhia das ilhas, colecção azulcobalto 031, Lajes do Pico, 2015.
  • O Jogo das Comparações, Ed. Companhia das ilhas, colecção azulcobalto 042, Lajes do Pico, outubro de 2016.
  • Os Pecados Predilectos, (antoloxía organizada e prefaciada por Ronaldo Cagiano e posfaciada por António Carlos Cortez), Ed. Jaguatirica, Río de Xaneiro, outubro de 2019.
  • As Palavras Beijam Sem Carga Viral, (xunto con Este Fresco Sanatório para o Sangue de Andreia C. Faria), Ed. Câmara Municipal do Porto - Museu da Cidade, Porto, agosto 2021.
  • Dois Cimbalinos Escaldados (vivencias portuenses, antoloxía poética),Texto Sentido, Porto, 2022.
  • 14 poetas portuguesas escolhem Inês, (organización de João Luís Barreto Guimarães, prefacio de Luís Miguel Queirós), Ed. lado esquerdo, Coimbra, 2022.
  1. "Câmara Municipal do Porto homenageia personalidades da Universidade". noticias.up.pt (en portugués). 12 de xullo de 2023. Consultado o 14 de outubro de 2024.