Inês Guimarães
Inês Guimarães, nada o 14 de maio de 1998, é unha matemática, youtubeira e divulgadora portuguesa. É coñecida como MathGurl, o nome da súa canle de YouTube, onde presenta asuntos matemáticos de xeito simplificado.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (pt) Inês Ferreira Guimarães ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de maio de 1998 ![]() Guimarães, Portugal ![]() |
Educación | Facultade de Ciencias da Universidade do Porto Universidade do Minho ![]() |
Actividade | |
Ocupación | creadora dixital, matemática ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarInês Guimarães naceu en Guimarães (Portugal) o 14 de maio de 1998. Achegouse ao mundo das matemáticas cando estudaba o sétimo curso. Conseguiu unha medalla de prata nas Olimpíadas Portuguesas de Matemática. En 2016, matriculouse na licenciatura de Matemáticas da Universidade do Porto.[1]
En 2015, creou a súa canle de YouTube, na cal aborda as matemáticas dun xeito sinxelo e con humor. Participou tamén en varias Ted Talks.[1] No ano 2018, atinxiu máis de un millón e medio de visualizacións,[2] chegando aos cen mil subscritores en 2021, grazas especialmente ao público brasileiro.[3]
En 2019, foi madriña do Global Teacher Prize de Portugal, un dos principais premios do ámbito educativo.[4] Nese mesmo ano, anunciou a fin da súa canle, mais finalmente só diminuíu o ritmo de publicacións,[5] priorizando os vídeos curtos en plataformas como Instagram.[6]
Posteriormente, obtivo un mestrado en Matemáticas pola súa alma máter, para despois principiar estudos de Ciencias da Computación na Universidade do Minho.[6]
Obras
editarEn 2018, publicou o libro Desafios Matemáticos Que Te Vão Enlouquecer, onde aborda temas de teoría dos números e xeometría.[2]
En 2020, estreou unha serie na plataforma RTP Play, Matemática Salteada, de 7 episodios, na que tratou o teorema de Pitágoras ou os números fractais, entre outros conceptos.[7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Inês Guimarães". Notícias U.Porto (en portugués). Consultado o 2024-11-22.
- ↑ 2,0 2,1 Renascença (2018-09-12). "Math Gurl: “A matemática pode ser muito mais divertida do que as pessoas pensam” - Renascença". Rádio Renascença (en portugués). Consultado o 2024-11-22.
- ↑ Dias, Rui (2021-10-16). "Guimarães: Mais de 100 mil seguidores no YouTube a ensinar matemática". O Minho (en portugués). Consultado o 2024-11-22.
- ↑ "É portuguesa e é um sucesso no YouTube com o lado divertido da matemática". TVI Notícias (en portugués). Consultado o 2024-11-22.
- ↑ "A Matemática não é um "bicho papão". Três truques para desfazer preconceitos e ajudar os nossos filhos a estudar". CNN Portugal (en portugués). Consultado o 2024-11-22.
- ↑ 6,0 6,1 "Estudantes da UMinho mostram que a ciência não está de passagem nas redes sociais". Jornal Online UMINHO Estudantes da UMinho mostram que a ciência não está de passagem nas redes sociais. Consultado o 2024-11-22.
- ↑ "Matemática Salteada - Extra - RTP". Extra (en portugués). 2020-01-01. Consultado o 2024-11-22.