Impacto da pandemia de COVID-19 por sexo e xénero
O impacto da pandemia de enfermidade por coronavirus de 2019-2020 por sexo e xénero refírese á relación da presenza da COVID-19 con homes e mulleres, no desenvolvemento dos roles de xénero e a taxa por mortalidade variable en función ao sexo, aínda que ambos sendo igualmente vulnerables.[1] A mortalidade por mor da COVID-19 é máis alta en homes segundo algúns estudos realizados na China e Italia.[2][3][4] Paralelamente, hai maior porcentaxe de profesionais da saúde, que son mulleres, e teñen maiores probabilidades de ser expostas ao virus.[5] O peche de colexios, as corentenas e o acceso reducido á sanidade debido á Pandemia de COVID-19 pode afectar diferencialmente aos sexos e, posiblemente, exacerbar as disparidades existentes.[6]
Diferenzas de sexo en mortalidade
editarAs investigacións mostraron que as enfermidades virais como o Ebola, VIH, gripe e o SARS afectan a homes e mulleres de maneira diferente. A data de abril de 2020, os homes morren máis frecuentemente que as mulleres tras ser infectados pola COVID-19.[4][2][1]O risco máis alto é de homes de cincuenta anos, cunha fenda entre homes e mulleres que só se pecha nos 90 anos. Na China, a taxa de mortalidade era do 2.8% para os homes e 1.7% para as mulleres. Descoñécense as causas exactas desta diferenza por sexo, pero podería ser por factores xenéticos e conductuais. As diferenzas inmunolóxicas baseadas no sexo, unha menor prevalencia de fumadoras, e que os homes desenvolven condicións co-mórbidas como a hipertensión a idades máis temperás que as mulleres, poderían contribuír á maior mortalidade en homes. En Europa, o 57% das persoas infectadas son homes, e un 72% das persoas falecidas por COVID-19 son homes.[7]
Impacto en saúde
editarNas emerxencias de saúde pública, as mulleres teñen un risco maior de malnutrición.[8]
Mulleres como coidadoras
editarA evidencia de brotes pasados de enfermidades mostra que as mulleres teñen máis probabilidades de ser as que coidan das persoas enfermas na familia, facéndoas máis vulnerables á infección.[9][10][1] Unha maioría de profesionais sanitarios, son mulleres. Están en primeira liña para tratar a enfermidade, o que fai vulnerables ás mulleres á exposición. O 90% de profesionais sanitarios da provincia chinesa de Hubei (onde se orixinou a enfermidade) son mulleres, e o 78% de profesionais sanitarios nos Estados Unidos son mulleres.
Saúde reprodutiva
editar- Véxase tamén: COVID-19 no embarazo.
Durante un brote, os recursos sanitarios desvíanse para combater a enfermidade, o que resulta nunha despriorización da saúde reprodutiva das mulleres.[11] Os cambios fisiolóxicos no embarazo orixinan nas mulleres un maior risco dalgunhas infeccións, a pesar de que falta evidencia sobre a COVID-19 en concreto. As mulleres teñen maior risco de desenvolver unha enfermidade grave cando as afecta o virus da gripe (pertencente á mesma familia que a COVID-19), polo que é importante protexer ás mulleres embarazadas da COVID-19.[12] Houbo enfermeiras que denunciaron ter menor acceso a tampones e compresas mentres traballaban horas extra sen equipamento protector persoal adecuado durante a pandemia na China.[13]
Aborto
editarO goberno da Arxentina estaba a planificar enviar un proxecto de lei ao Congreso da Nación logo de que Alberto Fernández anunciáseo no seu discurso de apertura das sesións lexislativas o primeiro de marzo.[14] Con todo, debido á crise pospúxose a presentación.[15] O aborto séguese practicando segundo os termos establecidos no protocolo ILE, aínda que algunhas provincias obstaculizan o seu acceso.[16] O Ministerio das Mulleres habilitou unha liña telefónica onde as mulleres poden recibir asistencia e denunciar ás provincias onde se lles nega o acceso.[17]
En Estados Unidos, o acceso ao aborto foi severamente restrinxido en varios estados, especialmente nos estados conservadores de Texas e Ohio.[18]
Probas clínicas
editarAs mulleres están infrarrepresentadas nas probas clínicas para vacinas e fármacos, polo que poderían ignorarse nos estudos científicos as diferenzas de sexo nas respostas á enfermidade.[19]
Disparidade de xénero en liderado
editarHai unha disparidade de xénero no liderado das respostas ao estalido da pandemia de COVID-19.[6] As doce persoas do grupo de traballo do Coronavirus da Casa Branca son todos homes.[19] O 72% dos xefes executivos de sanidade global globais son homes.[20] Segundo ThinkGlobalHealth, "os temas de igualdade só se integran significativamente nas respostas de emerxencias cando as mulleres e os grupos marxinalizados son capaces de participar na toma de decisións".
Impacto socioeconómico
editarAs mulleres constitúen a maior parte dos traballadores informais e a tempo parcial ao redor do mundo. En períodos de incerteza, como durante unha pandemia, as mulleres teñen maior risco de perder o seu traballo e non poder volver traballar despois.[10] A experiencia dunha corentena pode ser diferente para homes e mulleres, considerando as distintas necesidades físicas, culturais, sanitarias e de seguridade de ambos.[21]
Violencia de xénero
editarDebido á maior tensión nunha casa durante unha pandemia, as nenas e as mulleres teñen probabilidades de experimentar un maior risco de violencia das súas parellas e de violencia doméstica.[21]En Kósovo produciuse un aumento do 17% da violencia de xénero durante a pandemia.[22][23][24] Durante os períodos de corentena, as mulleres que experimentan violencia teñen acceso limitado a servizos protectores.[8][25] Nos Países Baixos, o número das chamadas aos centros de abuso de menores aumentaron un 76% en febreiro de 2020 comparado co ano anterior.[26]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Wenham, Clare; Smith, Julia; Morgan, Rosemary (14 de marzo de 2020). "COVID-19: the gendered impacts of the outbreak" (en inglés) 395 (10227): 846–848. ISSN 0140-6736. PMID 32151325. doi:10.1016/S0140-6736(20)30526-2.
- ↑ 2,0 2,1 Chen, Nanshan; Zhou, Min; Dong, Xuan; Qu, Jieming; Gong, Fengyun; Han, Yang; Qiu, Yang; Wang, Jingli; Liu, Ying (15 de febrero de 2020). "Epidemiological and clinical characteristics of 99 cases of 2019 novel coronavirus pneumonia in Wuhan, China: a descriptive study" (en inglés) 395 (10223): 507–513. ISSN 0140-6736. PMID 32007143. doi:10.1016/S0140-6736(20)30211-7. Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ Team, The Novel Coronavirus Pneumonia Emergency Response Epidemiology (17 de febrero de 2020). "The epidemiological characteristics of an outbreak of 2019 novel coronavirus diseases (COVID-19) in China" (en chamorro) 41 (2): 145–151. ISSN 0254-6450. PMID 32064853. doi:10.3760/cma.j.issn.0254-6450.2020.02.003. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2020. Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 Rabin, Roni Caryn (20 de marzo de 2020). "In Italy, Coronavirus Takes a Higher Toll on Men". Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ "Gender equity in the health workforce: Analysis of 104 countries" (PDF). World Health Organization. Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 "Gender and the Coronavirus Outbreak: Think Global Health" (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ "COVID-19 weekly surveillance report". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2020. Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ 8,0 8,1 "Cross-post: An Intersectional Approach to a Pandemic? Gender Data, Disaggregation, and COVID-19". Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ Davies, Sara E.; Bennett, Belinda (2016). A gendered human rights analysis of Ebola and Zika: locating gender in global health emergencies (en inglés). pp. 1041–1060. Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ 10,0 10,1 Gupta, Alisha Haridasani (12 de marzo de 2020). "Why Women May Face a Greater Risk of Catching Coronavirus". Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ Sochas, Laura; Channon, Andrew Amos; Nam, Sara (2017). Counting indirect crisis-related deaths in the context of a low-resilience health system: the case of maternal and neonatal health during the Ebola epidemic in Sierra Leone (en inglés). pp. iii32–iii39. Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ "Coronavirus Disease 2019 (COVID-19)" (en inglés). 11 de febrero de 2020. Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ Stevenson, Alexandra (26 de febrero de 2020). "Shaved Heads, Adult Diapers: Life as a Nurse in the Coronavirus Outbreak". Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ Página12. "Aborto y otras definiciones centrales de Alberto Fernández en la apertura de sesiones ordinarias 2020 | Lo principal del discurso del Presidente en el Congreso".
- ↑ Clarín.com. "Por el coronavirus, el Gobierno analiza dilatar el envío al Congreso de dos proyectos clave: aborto legal y reforma judicial" (en castelán).
- ↑ Página12. "¿Cómo abortar en época de cuarentena por coronavirus? | Otras urgencias de la salud pública".
- ↑ Beck, Ingrid. "Abortar en tiempos de coronavirus" (en castelán).
- ↑ De 2020, 24 De Marzo. "Estados de EEUU suspenden los abortos en nombre de la lucha contra el coronavirus" (en castelán). Consultado o 15 de abril de 2020.
- ↑ 19,0 19,1 Gupta, Alisha Haridasani (3 de abril de 2020). "Does Covid-19 Hit Women and Men Differently? U.S. Isn't Keeping Track". Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ "The global health 50/50 2019 report" (PDF). Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ 21,0 21,1 "COVID-19: A Gender Lens" (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ "Gender Equality and Addressing Gender-based Violence (GBV) and Coronavirus Disease (COVID-19) Prevention, Protection and Response." (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ "UN chief calls for domestic violence 'ceasefire' amid 'horrifying global surge'" (en inglés). 5 de abril de 2020. Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ "Gender-based violence spikes amid pandemic, shelters need support" (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ "How Coronavirus Is Affecting Victims of Domestic Violence" (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ "76% méér oproepen naar hulplijn 1712 | VRT.be" (en neerlandés). Consultado o 8 de abril de 2020.