Illiña de Forvik
A illiña de Forvik (en inglés Forewick Holm ou Forvik Island, ou mesmo Fårvik), é unha pequena illiña das Shetland, ao norte de Escocia, que en xuño de 2008 declarou a súa independencia do Reino Unido.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Escocia | |||
Arquipélago | Illas Shetland | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Localización
editarA illiña de Forvik está situada ao suroeste do arquipélago das Shetland, a uns 200 metros ao sur da illa de Papa, e a uns 1'5 km ao norte da península de Sandness, na parte central da illa Shetland, no que se coñece como estreito de Papa.
Xeografía
editarA illiña mide aproximadamente unha hectárea. Ten unha forma bastante regular, cunha costa sur e oeste de perigosos baixíos e unha costa redondeada nororiental de cantís. O acceso por mar non é sinxelo e só é posíbel na preamar.
Historia
editarNon existen apenas informacións sobre o poboamento da illiña. Na actualidade é propiedade do seu único habitante, Stuart Hill, chamado Captain Calamity, que está a edificar o primeiro poboamento. En xuño de 2008 proclamou[1] que a illiña de Forvik pasaba a ser unha dependencia da Coroa británica, isto é, fóra da tutela do goberno de Londres, pero beneficiándose do status común das dependencias británicas, como as bailías de Guernsey e de Jersey, por exemplo, con múltiples vantaxes fiscais e de autogoberno. Unha fonte non identificada do ministerio de Xustiza británico negoulle viabilidade xurídica á independencia[2].
Notas
editar- ↑ Captain Calamity to create new state in Shetland islands, The Telegraph, 19/06/2008
- ↑ “Captain Calamity’ goes it alone again, this time safe on dry land, The Shetland Times, 20/06/08
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Artigo sobre a illiña de Forvik na Shetlopedia, unha Wikipedia das illas Shetland.
- Forvik Declaración de Independencia de Stuart Hill